HomeEconomíaMáis de 70 persoas inscribíronse no XI Concurso de Proxectos Empresariais Semente...

Máis de 70 persoas inscribíronse no XI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Das persoas que se inscribiron nesta edición a maioría son de Galicia, repartidas por todo o territorio. Ademais de moita participación de xente da Ribeira Sacra, destaca tamén a participación da provincia de Pontevedra e da Coruña. A nivel do estado chegaron propostas de Tenerife, Asturias, León ou Madrid.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Do 1 de marzo ao 31 de maio, o Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, tiña aberto prazo para a inscrición de ideas. Nesta edición do certame, que busca proxectos innovadores para desenvolver o medio rural e poñer en valor os seus recursos, inscribíronse 72 persoas. Unha vez comprobadas as inscricións de persoas e as ideas presentadas, 51 das propostas cumpren todos os requisitos para ser avaliadas agora polo xurado que o día 22 deste mes de xullo dará a coñecer o nome das 10 ideas que pasan á fase final.

As ideas seleccionadas presentarán entre o 1 de agosto e o 30 de setembro do 2025, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto, na xornada de mañá do día 8 de novembro, no Parador de Turismo de Monforte. Pola noite durante a cea de clausura, tamén no Parador, celebrarase a entrega de premios desta décima edición.

  • 1º Premio – 10.000 €
  • 2º Premio –   6.000 €
  • 3º Premio –   4.000 €
  • Plan de Formación (AGADER) para os 10 proxectos que se presenten á final e manifestaran, entre o 23 e o 31 de xullo de 2025, o seu interese en participar no plan formativo que se desenvolvería no primeiro semestre do 2026.

A esta edición do concurso presentáronse ideas de moi diversa finalidade: proxectos educativos, aplicacions para conectar turistas, tecnoloxía aplicada ás viñas, rutas e experiencias a medida, plataformas para aloxamentos, distribución de produto, proxectos musicais e de rehabilitación. Ademais de proxectos de empredemento ao redor da gastronomía, terapias de benestar, artesanía, bebidas, cosméticos, museos e laboratorios de memoria rural ou a utilización de drons para o traballo agrícola.

Presentación proxectos Semente Ribeira Sacra 2024 / Concurso de Proxectos Empresarais Semente Ribeira Sacra

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...