HomesociedadeAta o 20 de xuño o Concello de Pantón ten prazo aberto...

Ata o 20 de xuño o Concello de Pantón ten prazo aberto para inscribirse no Campamento de Verán

O Concello de Pantón programa un ano máis durante os meses de xullo e agosto o Campamento de Verán. Actividades infantís para nenas/os nadas/os entre 2009 e 2021 que se desenvolverán en horario de mañá de 10:00h a 14:00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Campamento de Verán organízase por quincenas, de modo que haberá 4 quincenas, do 1 ao 15 de xullo, do 16 ao 31 de xullo, do 1 ao 14 de agosto e do 18 ao 29 de agosto. Inclúese ademais o Servizo Madruga que terá lugar de 9:00h a 10:00h para aquelas familias que así o demanden.

As inscricións poden facerse ata o 20 de xuño na Casa da Cultura de Pantón en horario de 10:00h a 20:00h. Terán prioiridade para participar das actividades as/os nenas/os empadroadas/os no Concello de Pantón.

O Campamento de Verán contará con actividades e xogos acuáticos que se desenvolven na Piscina Municipal, obradoiros creativos e, entre outras propostas adaptadas ás distintas idades, saídas para coñecer máis do municipio. O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, destaca que, “durante o verán xuntamos en Pantón a moitos nenos e nenas, engádense as familias que nos visitan nestes meses. Para que todas as familias poidan conciliar levamos anos organizando estas actividades onde os máis novos aprenden xogando e divírtense coñecendo o seu municipio.”

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...