HomeCulturaTraballando no Museo Pazo de Tor por unha cultura máis accesible e...

Traballando no Museo Pazo de Tor por unha cultura máis accesible e inclusiva

O Museo Pazo de Tor acolleu este mércores unha xornada do Consello da Cultura Galega enfocada en avanzar no deseño de políticas culturais máis inclusivas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A deputada de Cultura, Iria Castro inaugurou o pasado mércores no Museo Pazo de Tor a cuarta sesión das xornadas Acceso á cultura en Galicia organizadas polo Consello da Cultura Galega, coa coordinación de Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial e integrante deste grupo de traballo.

O encontro celebrouse baixo o epígrafe “Acceso á cultura e interseccionalidade”, poñendo o foco na necesidade de desenvolver políticas e deseñar programacións e actividades que garantan un acceso real e equitativo á cultura a todas as persoas con independencia do seu xénero, etnia, clase social, orixe xeográfica, diversidade funcional ou idade.

Iria Castro deu á benvida ás persoas participantes, destacando que a organización desta xornadas do Consello da Cultura Galega refrendan e recoñecen un traballo polo acceso á cultura e á inclusión que é sinal de identidade dos museos provinciais desde hai dúas décadas en todas os ámbitos, desde o laboral ata o expositivo ou o didáctico” e sinalou “que os procesos de escoita, reflexión e contacto con diferentes colectivos sociais é chave nese camiño”.

A xornada, que contou coa presenza da presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e coa coordinadora da Comisión Técnica, Paula Cabaleiro, artellouse arredor de mesas redondas, nas que as persoas participantes puideron sinalar as barreiras e exclusións específicas que persisten en diferentes eidos e expoñer os seus puntos de vista en relacion co desenvolvemento pleno dos dereitos culturais.

Xornada Consello da Cultura Galega no Pazo de Tor / Vicepresidencia Deputación

Participaron nelas Xavier Rey Feijóo do Taller Daulloa, Cristina Alonso de Cogami Lugo, Aitana García Lage da Federación Autismo Galicia, Patricia Vázquez Carballal de FEAFES Galicia, Francisco Farnés Caminero da ONCE, Adilenys Trujillo Yáñez e Aleida Naval Santos de SINTRAHOCU, Irene Jiménez Cortiñasde Secretariado Xitano, Ana Bereciartúa da Asociación Rioplatenses, Leonardo Casado de ACCEM A Coruña e Noelia Gómez da Plataforma Diversa Infantil. Sergio Marey, Isabel Fernández, Ruth Sousa e Fran Quiroga encargaranse da redacción de informes e conclusións que concretarán a xornada de intercambio e análise deste mércores.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...