HomesociedadeMonforte investirá 400.000€ en 3 proxectos de mellora de vías municipais

Monforte investirá 400.000€ en 3 proxectos de mellora de vías municipais

As actuacións que se van a facer son de índole diferente, por un lado saen a licitación, a mellora do pavimento da rúa Ourense e de varias vías municipais en Ribas Altas e por outro anúnciase a licitación da prolongación da rúa Roberto Andrade, que terá saída á rúa Santiago.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto da rúa Ourense consiste no fresado e na reposición da capa de rodadura ó longo de 620 metros lineais, e na renovación da súa sinalización horizontal, co pintado de marcas viais, símbolos e cebreados. Trátase dunha superficie total de actuación de 5.495 m2 entre o entronque coa Avda de Galicia e a rúa do Río.

A mellora de pavimentación en varias rúas municipais de Ribas Altas abranguerá unha lonxitude total de 1.895 metros, cun ancho medio de 4,30 metros, e unha superficie total de 8.160 m2 e suporá a renovación do firme existente, a través de triple rego asfáltico e aglomerado en quente de 5 cm en todos os viais da marxe esquerda de Ribasaltas, incluída a zona da área recreativa.

Tamén se mellorará o acceso central desde a área recreativa cara á estrada provincial, alongando o primeiro tramo do mesmo ata os 6 metros e creando, nunha parcela municipal colindante, unha área verde, con plantación de arboledo, céspede e colocación de mobiliario urbano.

Licitarase tamén o proxecto da prolongación da rúa Roberto Martínez Andrade, que terá saída á rúa Santiago. Esta prolongación terá unha lonxitude total de 57 metros, cun ancho medio de 12,14 metros e unha superficie de 692 m2, “Iste é un compromiso do Equipo de Goberno que xa anunciara no Pleno do Concello e seguimos a nosa folla de ruta para seguir mellorando a trama viaria urbana de Monforte” subliñou José Tomé.

Entre os tres proxectos, trátase dun investimento de algo mais de 400.000 €, concretamente, 402.489,15 € (IVE engadido). 103.677,98 € na mellora do pavimento da rúa Ourense, 157.521,24 € na mellora de pavimentación de varias vias municipais en Ribasaltas e 141.289,93 € para a prolongación da rúa Roberto Martínez Andrade con saída á rúa Santiago.

O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o 9 de xullo e as mesas de contratación terán lugar, a primeira o día 16 de xullo e a segunda o día 23 de xullo. Na primeira delas, a o día 16, procederase á apertura dos sobres 1 e 2 que se corresponden coa documentación administrativa e a memoria técnica e na mesa do día 23 de xullo, procederase á apertura do sobre 3, que se corresponde coa oferta económica.

Unha vez adxudicados os proxectos, as empresas adxudicatarias, contarán cun prazo de execución estimado para a realización das obras de 1 mes no caso do proxecto de mellora da rúa Ourense, o proxecto de mellora de pavimentación de Ribasaltas ten un prazo de execución de 2 meses e por último, a prolongación da rúa Roberto Martínez Andrade, ten un prazo de execución de 3 meses.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...