HomePolíticaAndrés Campo substitúe a José Manuel Pol como concelleiro do PP en...

Andrés Campo substitúe a José Manuel Pol como concelleiro do PP en Quiroga

José Manuel Pol trasladou a súa decisión nunha reunión coa presidenta provincial, Elena Candia, e a presidenta do PP de Quiroga, Rosa Arza, que agradeceron “a súa implicación durante estes dous anos”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Manuel Pol, xestor administrativo con máis de 35 anos de experiencia, ostentaba dende maio do 2023 a portavocía do Grupo Municipal Popular en Quiroga. O Partido Popular de Quiroga contará cun novo representante no Pleno da Corporación Municipal. Atendendo á lista da candidatura das últimas eleccións municipais, a acta de concelleiro corresponderalle a Andrés Campo, que agradece a posiblidade e asegura “estar ilusionado e con ganas de traballar por Quiroga”.

Arza explica que “abrimos novo capítulo” coas “mesmas ganas de traballar, dende a unidade, para acadar os obxectivos que nos marcamos de cara ás vindeiras eleccións municipais”.

Elena Candia e Rosa Arza aproveitaron a ocasión para recoñecer a valía profesional de José Manuel Pol e pola que vén de ser nomeado membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, como representante da Xunta de Galicia.

Candia desexoulle “moitos éxitos” lembrando que “é unha responsabilidade que seguro  formar parte dunha institución vencellada á formación e, polo tanto, ao progreso e á creación de oportunidades no noso territorio”.

ÚLTIMAS

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...

Olga Novo, protagonista na celebración do ‘Día das escritoras’

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu o pasado 9 de outubro...