HomeEconomíaO IGAPE abre ata o 30 de setembro nova convocatoria de axudas...

O IGAPE abre ata o 30 de setembro nova convocatoria de axudas para investimentos empresariais

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, vén de informar en Monforte de Lemos da nova convocatoria de axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para incentivar proxectos de investimento empresarial, dotada con 10 millóns de euros

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Arias visitou dúas firmas asentadas no polígono do Reboredo que contaron co apoio do Igape para acometer actuacións que redundan na mellora da súa competitividade. Unha delas é Ramiro Vila SL, dedicada á fabricación de maquinaria de metal, que optou ao financiamento a través de dous programas. Un deles foi para instalar un sistema automatizado e dixitalizado de almacén, para dotarse de pontes grúa e para facer unha obra de acondicionamento na nave da empresa. O outro proxecto consistiu na incorporación de tecnoloxía robotizada, incluíndo un centro de mecanizado de cinco eixos.

Tamén acudiu a Instalaciones del Valle Monforte SL, pertencente ao sector da fontanería, que ampliou os seus servizos coa adquisición dun camión tractor de limpeza e aspiración de lodos.

Arias resaltou a “aposta destes negocios por aumentar a súa capacidade e xerar emprego e dinamismo económico na zona”. Apuntou que a Xunta “respalda ese esforzo” con liñas de axudas como a destinada a fomentar novos investimentos, tanto xerais como en equipamentos produtivos.

Referiuse aos principais detalles da actual convocatoria dese programa, dirixido a pequenas e medianas empresas. O importe do gasto subvencionable debe ser igual ou superior a 50.000 euros no caso dos investimentos xerais; e 25.000 euros nos proxectos de equipamento produtivo – ata un máximo de 800.000 de investimento en ambos casos-. A axuda deberá destinarse á creación dun establecemento ou á ampliación da capacidade dun xa existente. O prazo para presentar as solicitudes remata o 30 de setembro.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...