HomeCulturaRosa Rodríguez recibe a Medalla Castelao arroupada por unha delegación de Sober

Rosa Rodríguez recibe a Medalla Castelao arroupada por unha delegación de Sober

O alcalde de Sober, Luis Fernandez Guitian e unha delegación de veciños e veciñas de Sober, acompañou este sábado á doutora, Rosa Rodríguez, condecorada cunha das Medallas Castelao 2025, o máximo galardón que concede a Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A doutora, Rosa Rodríguez, despois de 35 anos exercendo no centro de saúde de Adormideras (A Coruña), acaba de iniciar a súa xubilación. Na entrega da Medalla Castelao, o presidente, Alfonso Rueda, asegurou que se trata dun bo exemplo da “dedicación e constancia dos profesionais do sistema sanitario galego, un símbolo da atención primaria humana e próxima que todos temos o deber de construír”.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, agradece o seu traballo e traslada o orgullo que sinten todos os veciños e veciñas. Unha delegación de soberinos acompañou a Rosa neste día tan especial, entre eles a súa nai Fe.

Rosa Rodríguez, medalla Castelao 2025 / Concello de Sober

ÚLTIMAS

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...

Decoracións de Nadal no rural de Pantón

Dende o pasado sábado 13 de decembro, e ata pasar Reis, pódense ver as...