HomeDeportesProxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

A Xunta de Galicia e o Concello de Sarria traballan na definición dun proxecto de mellora urxente do Estado Municipal da Ribela que permita afrontar as necesidades formuladas pola Sarriana S.D. tras a recente consecución do ascenso á Segunda RFEF.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria, Claudio Garrido; o edil de Deportes, Félix Seijas; e a voceira do Grupo Municipal do Partido Popular, Carmen José López, para coñecer de primeira man as necesidades prioritarias e concretar un escenario de colaboración económica.

No encontro, celebrado na Delegación Territorial, Javier Arias comprometeuse a “cuantificar e confirmar nun breve prazo de tempo o compromiso do investimento da Xunta, coa finalidade de que as reformas que se pacten poidan comezar a executarse o antes posible”.

Vitoria SD Sarriana / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...