HomePolíticaO alcalde de Taboada, Roi Rigueira, reelexido secretario xeral dos socialistas

O alcalde de Taboada, Roi Rigueira, reelexido secretario xeral dos socialistas

"Afronto con optimismo a reelección como Secretario Xeral do PSdeG de Taboada, co obxectivo de fortalecer o noso proxecto e consolidar o goberno de esquerda que está transformando o noso Concello", afirmou Rigueira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PSdeG-PSOE de Taboada celebrou a súa asemblea local, na que foi reelixido como Secretario Xeral Roi Rigueira Agromartín, actual alcalde de Taboada. A militancia respaldou “unha nova executiva ampla, renovada e cohesionada, chamada a reforzar o proxecto socialista no municipio e a dar continuidade ao traballo de transformación que se está a impulsar dende o goberno local”.

A nova executiva queda conformada polos seguintes cargos:

  • Presidencia: Emilio García Prado
  • Secretario Xeral: Roi Rigueira Agromartín
  • Secretaría de Organización: María José Poyán Lamela
  • Secretaría de Política Municipal: Luis Moure Saa
  • Secretaría de Medio Rural: Roberto García Vázquez
  • Secretaría de Industria, Comercio e Turismo: Abel Fernández Rigueira
  • Secretaría de Igualdade: Paula Gómez Gómez
  • Secretaría de Formación, Educación e FP: Lucía Villamor Lagos
  • Secretaría de Política Económica e Transformación Dixital: Diego Carballo Diéguez

Con esta nova etapa, o PSdeG-PSOE de Taboada reitera “o seu compromiso co futuro do municipio, coa defensa dos servizos públicos, a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento sostible do territorio”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...