HomeEconomíaAs canteiras da comarca de Quiroga reducen o po de sílice con...

As canteiras da comarca de Quiroga reducen o po de sílice con axudas da Xunta

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destinou 353.300 euros a catro canteiras da comarca de Quiroga para favorecer a aplicación de tecnoloxías innovadoras e a implantación das mellores técnicas dispoñibles para a loita contra o po de sílice no sector mineiro de Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou a empresa de lousa A Campa, en Folgoso do Courel, que recibiu unha achega para a introdución dun sistema de extracción nas cortadoras e a contratación dun servizo de consultoría.

As catro empresas, duas máis en Quiroga e outra en Ribas de Sil, realizaron un investimento total de 667.300 euros. Todas acreditaron investimentos destinados a reducir a exposición ao po dos traballadores nos seus postos de traballo, o que supón unha mellora das condicións laborais. Implementáronse sistemas de extracción forzada e mecanismos para unha maior limpeza no ambiente, como nebulización para atomización de auga no aire.

O grupo mineiro A Campa xestiona unha mina de lousa, con explotación tanto subterránea como a ceo aberto, e dispón dunha nave de transformación en Santa Eufemia do Courel na que adapta as lousas co obxectivo de que sexan utilizadas para teitar. Actualmente conta con 112 traballadores e suma unha produción de 45.000 toneladas ao ano, polo que segue a ser un dos sectores estratéxicos na zona, pola súa importancia económica e capacidade de xerar emprego.

 

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...