HomeDeportes3 medallas para piragüistas do Quixós na Copa de España de promesas...

3 medallas para piragüistas do Quixós na Copa de España de promesas de Slálom

A competición celebrouse esta pasada fin de semana na localidade catalá de Sort. Os tres piragüistas do club monfortino que competiron quedarán uns días máis por terras catalás para preparar outra proba nacional dentro dunhas semanas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Do 6 ao 10 de xullo, deportistas da Federación Galega de Piragüismo están a participar nunha concentración en Ponts (Lleida), no mesmo canal onde se disputará a finais de agosto o Campionato de España por Seleccións Autonómicas en Idade Escolar (CESA).

Esta concentración técnica, din dende a federación galega, “serve como preparación clave para o noso equipo, que traballa baixo a dirección dos técnicos Luís Fernández, Xiana Vasco e Manuel Freiría, con dedicación, ilusión e espírito de equipo”.

Tres deportistas do Club Quixós de piragüismo viaxaron xunto con compañeiros e compañeiras doutros clubs galegos á devandita concentración e aproveitaron a viaxe tamén para competir esta pasada fin de semana na 3ª Copa de España de Jóvenes Promesas de Slálom disputada en Sort. Sara Inés Varela e Xoel Fernández acadaron tres medallas. Sara foi ouro en K-1 e prata en C-1 cadete; e Xoel Fernández, levou un bronce en K-1 infantil e quedou cuarto en C-1. O outro piragüista monfortino da expedición foi Martín Prats.

Sara no podium. Foto: Federación Galega de Piragüismo.
Xoel no podium. Foto: Federación Galega de Piragüismo.

ÚLTIMAS

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...

Agroma Sober leva a pleno revalorizar a Amandi, mellorando vías e fontes

A pesares de ser o nome que dá sona e historia aos viños da...

O BNG de Monforte presenta unha moción para que o Concello priorice o traballo cos bancos que manteñen atención presencial na cidade

O BNG de Monforte de Lemos presentou unha moción ao Pleno municipal para reclamar...