HomesociedadeA Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida...

A Xunta Local de Seguridade de Chantada coordina o dispositivo da Subida a Chantada e das Patronais

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presidía este xoves a Xunta Local de Seguridade de Chantada xunto ao alcalde, Manuel Lorenzo Varela, para coordinar o dispositivo con motivo da próxima celebración da ‘Subida a Chantada’, as Festas Patronais e outros eventos estivais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A 51ª edición desta proba automobilística celebrarase os días 25, 26 e 27 de xullo. Ademais, o concello de Chantada acollerá os días 15 e 16 de agosto o evento musical  ‘Sacra Festival’.

As festas patronais do Carme terán lugar entre o 21 e o 26 de agosto. O sábado 23 será o día grande, que contará co tradicional ‘Folión de Carros’, e o martes 26 haberá a ‘Festa da Empanada’.

Isabel Rodríguez subliñou a importancia das festas e dos eventos culturais para manter vivas as tradicións, vertebrar o territorio e potenciar a actividade económica da provincia. Na reunión actualizouse tamén a colaboración da Policía Local de Chantada coas Forzas e Corpos de Seguridade no desenvolvemento do protocolo de actuación do sistema VioGén para reforzar a protección e atención as mulleres vítimas de violencia de xénero.

A subdelegada do Goberno en Lugo valorou o reforzo da coordinación policial e subliñou a importancia da unidade de acción fronte as agresións machistas.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...