HomesociedadeA Festa da Cultura e a Tradición será o 2 de agosto

A Festa da Cultura e a Tradición será o 2 de agosto

Estaba previsto para o 19 de xullo pero a organización decidiu mudar a data ante a previsión de choivas. A baixada de carrilanas e o campionato de xogos tradicionais son os protagonistas do evento.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Concello de Folgoso do Courel e a Asociación Cultural A Coroa organizan un ano máis unha xornada ás tradicións coa organización dunha baixada de carrilanas e un Campionato de Xogos Tradicionais. Ademais, haberá artesanía, música e gastronomía para toda a familia no senlleiro Souto da Carroza.

A data que estaba anunciada era o 19 de xullo mais nas últimas horas veñen de anunciar dende a organización que o evento adíase e terá lugar o vindeiro 2 de agosto.

PROGRAMACIÓN

Así, pois, a Festa da Cultura e a Tradición, comenzará ás 12:30 h. do sábado 2 de agosto coa ‘Baixada de Carrilanas’ dende o antigo colexio sendo a meta a Praza do Fondo da Vila.

Carrilana “Anxo + Papá” / Caurelor

Ás 14:00 h. terá lugar a apertura da Feira de Artesanía e unha exposición de xogos tradicionais no Souto da Carroza. No recinto tamén se poderán atopar produtos gastronómicos e servizo de polbo e churrasco.

Para as 15:00 h. está programada a actuación do grupo tradicional ‘Merenzao’ formación tradicional que chega a Folgoso dentro do programa Tradigalu da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

E xa ás 16:00 comezará o Campionato de Xogos Tradicionais que contará coa colaboracion da entidade Xotramu e coas seguintes disciplinas: arrebolamento de sacho, lanzamento de boina, chave, billarda, corte con tronzón… Ás 19:30 farase a entrega de trofeos.

E para pechar a festa, ás 20:00 h. terá lugar un concerto a cargo de Emilio Rúa que chega polo ciclo ‘Concertos do Xacobeo.gal’ da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...