HomeCulturaUxío Novoneyra no "Quiroga, territorio literario"

Uxío Novoneyra no “Quiroga, territorio literario”

Esta semana dentro da realización dun roteiro literario musicado pola ruta “Quiroga, territorio literario”, inaugurábase a sinalización que recoñece ao poeta courelao como integrante desta ruta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta semana inaugurábase a sinalización que recoñece ao poeta courelao como integrante desta ruta. A estela inaugurada por Uxío Novo, fillo de Uxío Novoneyra e polo Alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, acompañados da corporación municipal; está colocada  diante do emblemático establecemento “El Derroche”, onde o poeta courelao esperaba o autobús cando saía destas terras.

Uxío Novo falou da vinculación do poeta con Quiroga e con moitos quirogueses aos que unía a amizade e de que este punto foi o escollido por supoñer unha parada obrigada para o poeta canda saía e chegaba para a súa casa de Parada do Courel. O alcalde quirogués cualificou esta xornada como “un día moi importante para Quiroga, polo que hai que darlle a relevancia que ten”.

Na web do Concello de Quiroga, no apartado dos museos de Quiroga “Arte no Ar, Quiroga, territorio literario”, ademais da información sobre o poeta pódese escoitar algunha das súas creacións mesmo na súa voz, gravación que tamén se puxo neste acto inaugural que tamén acolleu o recitado dun dos seus poemas polo seu fillo.

Esta nova estela incorpórase á ruta grazas ó financiamento do Plan de Sostibilidade Turística do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, que xa financiara a posta en marcha desta ruta coa sinalización dos lugares vencellados a Pura e Dora Vázquez, Eduardo Moreiras, Ernesto Guerra Dacal, Luis Losada, Ánxel Fole é Manuel María.

Uxío Novoneyra no “Quiroga, territorio literario” / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...