HomesociedadeEste 22 de xullo pola mañá entran en funcionamento os semáforos da...

Este 22 de xullo pola mañá entran en funcionamento os semáforos da Avda de Monforte, en Chantada

Os semáforos comezarán a funcionar de modo normal na mañá deste martes, contando nos primeiros días coa presenza na zona da Policía Local, que colocará trípodes advertindo da nova situación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este martes, 22 de xullo, o Concello de Chantada pon en funcionamento de novo os semáforos que hai ao carón do Centro de Saúde, no cruce da Avda. de Monforte coa rúa Portomarín e coa Avda. dos Pilos.

Os semáforos funcionarán en horario de 9:00h a 22:00h, quedando en ambar ou intermitencia de 22:00h ata a mañá seguinte ás 9:00h

A nova sinalización lumínica cumpre con todos os requisitos de visibilidade e seguridade que marca a normativa. Para isto foi necesario cambiar o sistema de iluminación por luces led nas torres de interseccións e nos semáforos de peóns, o que dá maior visibilidade e reduce o consumo. Renovouse ademais toda a maquinaria do cadro de control e pintáronse as diferentes estruturas.

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, chama á precaución coa posta en marcha dos semáforos, que levaban tempo parados para efectuar estas melloras, “Esta intersección soporta moito tráfico e era necesario tomar estas medidas que melloran a seguridade na zona, sobre todo ao contar con máis visibilidade, e ademais supoñen un maior aforro para o concello”.

ÚLTIMAS

Sergio Alba presenta ‘Dous rombos… pasa para a cama’ en Sober

Sergio Alba, de xira neste 2025 co seu espectáculo de humor "Dous rombos... Pasa para...

Chantada abre o Poboado de Nadal e acende o alumeado o 5 de novembro ás 20:30h

A montaxe de Nadal en Chantada inaugurarase este venres, 5 de decembro, ás 20:30h....

Gandaría Quintián do Páramo recibe 2 premios de Artesanía Alimentaria na XVIII Cata dos Queixos de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou da entrega destes premios que...

“Hellen Keller, a muller marabilla?”, este 4 de decembro no Multiusos de Monforte

A compañía Chévere Teatro presenta “Hellen Keller, a muller marabilla?”, unha obra dirixida por...