HomeCulturaA diversidade "Move os teus marcos"

A diversidade “Move os teus marcos”

A festa Move os teus marcos, organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, ondeou en Sarria as bandeiras da diversidade e da lingua, cunha axenda de música, artes escénicas, palestras, intervencións artísticas e obradoiros para a cativada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa comezou ás 12.00h cunha mesa coloquio na que participaron Carlos Callón, profesor e escritor, Daniela Ferrández, historiadora e investigadora da memoria LGBT en Galiza, Braulio Vilariño, organizador do Festival Agrocuir e Chené Gómez, da ONGD Creart, dedicada ao apoio psicosocial a través da arte en Gaza.

Posteriormente tivo lugar un paseo teatralizado organizado coa colaboración de Ultreia et Suseia, no que as asociacións culturais locais Meigas e Trasgos, Peleriños, Rebuldeira Teatro e Silvia Mondelo, guía turística de Sarria, representaron historias sobre Sarria, o seu patrimonio e o Camiño de Santiago.

A actividade trasladouse á terraza do Meigallo, co pregón de Patricia López, irmá de Marcos López, un xantar festivo e unha foliada aberta, tamén con agrupacións locais. Tras o xantar, Luís López Alonso e Rafael Mallo, percusionista de Triángulo de Amor Bizarro, protagonizaron o recital poético musical “Canto en Parada” inspirado na obra de Uxío Novoneyra.

As actuacións de De Vacas e Mondra reunirían tamén neste escenario a centos de persoas, que desfrutaron dunha colaboración exclusiva en lembranza do xestor cultural sarriao, Marcos López, cuxa traxectoria profesional e activismo inspirou o programa da xornada.

Move os teus marcos, Sarria / Vicepresidencia Deputación Provincial

A deputada de Cultura, Iria Castro e o vicepresidente da Deputación, Efrén Castro destacaron “a boa acollida desta xornada que trouxo a Sarria artistas como Mondra ou De Vacas, referentes da escena musical galega, cunha mensaxe a prol da lingua, da diversidade e do feminismo, que cremos que resulta mais importante ca nunca defender e que concorda coa traxectoria profesional e activista de Marcos López”

A cativada contou cunha variada oferta lúdica para pasar a tarde, cun obradoiro de pulseiras coloridas, un taller creativo no que poderán realizar a súa propia obra artística coa técnica do collage, un obradoiro de abanos de cores e un taller de galletas. O recinto do festival contou tamén cunha zona gastronómica con produtos da comarca e con exposicións e instalacións artísticas reivindicativas arredor do pobo palestino.

Move os teus marcos, Sarria / Vicepresidencia Deputación Provincial

ÚLTIMAS

En marcha a humanización da Praza Luis García Arias en Chantada

Co mes de setembro deron comezo as anunciadas obras de mellora da Praza Luis...

Falece o octoxenario ferido por quedar atrapado baixo unha rozadora

O home octoxenario ferido o pasado luns tras quedar atrapado baixo unha rozadora en...

Monforte saca a licitación a reforma do edificio municipal de Duquesa de Alba

O inmoble, situado nunha parcela de 620 m2, é propiedade do Concello de Monforte...

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...