HomesociedadeCase 3M€ para dar continuidade ás 29 casas niño que prestan servizo...

Case 3M€ para dar continuidade ás 29 casas niño que prestan servizo a 20 concellos da provincia

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou este luns as instalacións de Cabaciña, unha das dúas casas niño que hai en Triacastela. A súa promotora é a educadora infantil Lorena García Lebón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Política Social e Igualdade destina 2,8 millóns de euros a garantir a continuidade das 29 Casas Niño que funcionan en 20 concellos da provincia de Lugo. En total ofertan 145 prazas de atención gratuíta a nenos e nenas de ata 3 anos. Estas instalacións prestan servizo nos concellos rurais de menor poboación, onde non é posible contar con outros centros para o coidado da infancia.

O financiamento da Xunta concédese a través dunha orde de axudas plurianual, que xa foi resolta para o período 2025-2028. Ademais de asegurar a atención personalizada aos pequenos de 0 a 3 anos de luns a venres en horario diúrno, as achegas tamén poden destinarse á reposición de equipamento ou material didáctico; así como a obras de reforma, mantemento ou eficiencia enerxética.

A comarca de Sarria conta con dez casas niño establecidas nos municipios de Triacastela, Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela e Samos. Arias afirmou que o obxectivo do Goberno galego é darlle continuidade a este recurso para seguir atendendo ás necesidades de conciliación das familias nos concellos rurais.

Cada centro atende un máximo de cinco nenos e nenas, de xeito flexible e con garantías de calidade, dado que se esixe unha formación ou experiencia profesional específica e impóñense requisitos nos inmobles

ÚLTIMAS

O IES Río Cabe de Monforte faise co 2º e o 3º posto na fase final do Parlamento Xove

A categoría de ESO formárona Estefanía Fernández Muñoz, Verónica Caplea, África Guitián García e...

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...