HomesociedadeO obradoiro de emprego de Sarria rehabilita dous pendellos no campo da...

O obradoiro de emprego de Sarria rehabilita dous pendellos no campo da feira

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou o resultado das obras de rehabilitación de dous pendellos do campo da feira de Sarria executadas polo obradoiro de emprego Camiño de Santiago V. O taller está financiado pola Xunta con 412.000 euros e promovido polo Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O taller de emprego conta con vinte prazas de formación teórica e práctica repartidas en dúas especialidades, unha de fábricas de albanalería e a outra de instalación de elementos de carpintaría.

Javier Arias destacou que estes labores danlles continuidade ás melloras realizadas por anteriores obradoiros no campo da feira, unha das zonas máis singulares da localidade, e na súa contorna. “Actuacións como esta dan boa mostra do nivel que adquiren os participantes nos obradoiros, que melloran as súas expectativas de inserción laboral en sectores con demanda de traballadores”, destacou Arias. Na visita tamén participaron a directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López; e o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, entre outras persoas.

Durante os nove meses de duración, os alumnos traballadores están a acometer máis proxectos, como a preparación das canalizacións para o posterior cambio da instalación do tendido eléctrico, o alumeado público e a rede de telefonía do campo da feira.

Outras iniciativas consisten na montaxe e instalación de portas, xanelas e revestimentos de madeira na oficina de turismo; e na mellora da imaxe en zonas de paso do Camiño de Santiago, coa instalación de estruturas de madeira para ocultar os contedores de lixo.

O alumnado dos obradoiros recibe a formación necesaria para poder desenvolverse nas súas respectivas áreas, ademais de contar con prácticas remuneradas durante toda a duración do curso.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...