HomeComarca de ChantadaTaboada'Heredeiros da Crus', prato forte da Festa da Mocidade de Taboada

‘Heredeiros da Crus’, prato forte da Festa da Mocidade de Taboada

Será o vindeiro 8 de agosto e tamén actuarán os grupos Quinkillada, Os Residuos Atractivas, Rastreros e The Palangans. Esta xornada é o anticipo ás Festas Patronais da vila.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Festa da Mocidade de Taboada, que marca o comenzo das Festas Patronais da localidade lucense, contará este ano cun cartel encabezado pola banda de Ribeira, Heredeiros da Cruz. Xunto a eles actuarán tamén Quinkillada, Os Residuos Atractivas, Rastreros e The Palangans.

Como é tradición, a Festa da Mocidade Taboada finánciase coa axuda dos patrocinadores e a venda das camisetas. O prezo aboado pola camisola inclúe tamén cervexa, calimocho e a cea (bolo preñado, empanada e tarta Ancano de chocolate). “A festa, que celebrou a súa primeira edición no 2017, é unha xornada festiva de xuntanza entre amigos e amigas, coa música en galego como referente”, din dende a organización.

As camisetas pódense mercar no Café Bar Mario, Café Santa Lucía, Bar Devezo, ScalaTaboada, Bar Rian e en Distribucións Casa Guillermo. Custan 16 euros ata o 31 de xullo, e 19 € a partir dese día.

PRESENTACIÓN OFICIAL

A edición deste 2025 presentarase de xeito oficial o vindeiro mércores, 30 de xullo, ás 12:00 horas no Campo da Feira de Taboada. O acto contará cos representantes das entidades patrocinadoras: Concello de Taboada, Presidencia da Deputación de Lugo, Vicepresidencia da Deputación de Lugo e Delegación da Xunta de Galicia en Lugo.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...