HomeEconomíaPresentación en Chantada do 'Espazo para Servizos Aéreos Comerciais Innovadores'

Presentación en Chantada do ‘Espazo para Servizos Aéreos Comerciais Innovadores’

O acto será o vindeiro 29 de xullo ás 20:00 h. no Auditorio Municipal de Chantada e resultará de gran interese para empresas que queiran incorporar o uso de drons nos seus procesos industriais e comerciais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Espazo para Servizos Aéreos Comerciais Innovadores (ESCAI) será presentado oficialmente na Ribeira Sacra, concretamente no Auditorio Municipal de Chantada, o martes 29 de xullo ás 20:00 h. Trátase dunha presentación que pode interesar a viticultores e adegueiros que queiran incorporar drons para aplicacións no sector vitícola, pero tamén para outras empresas ás que lle poda resultar atractivo e produtivo o emprego deles nos seus procesos industriais e comerciais (loxística, vixilancia, etc.).

Así mesmo esta presentación é interesante para empresas do sector, operadores de drons, administracións públicas e centros de investigación

ESCAI é un ecosistema pioneiro, deseñado para catalizar o despregamento seguro, sostible, e economicamente viable de servizos aéreos innovadores en España. A Iniciativa Piloto ESCAI RIBEIRA SACRA será o primeiro despregamento real do modelo nun entorno de alto valor.

Esta iniciativa, cuxo proxecto piloto está financiado e promovido por Ineco, conta co apoio da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), ENAIRE, a Dirección Xeral de Aviación Civil (DGAC) e o Clúster Español para a Mobilidade Aérea Innovadora (SIAM).

TEMAS A TRATAR NA PRESENTACIÓN

O Modelo ESCAI: Comprenderá a visión estratéxica e os seus compoñentes clave (marco regulatorio, infraestrutura, gobernanza) para empoderar os operadores, a industria e as administracións.

ESCAI RIBEIRA SACRA. Amosaranse aplicacións prácticas no sector da viticultura, a xestión forestal e outros servizos no ámbito rural.

A Plataforma Dixital ESCAI. Neste punto haberá unha demostración en directo da ventaniña única do ecosistema, onde se poderá aprender a rexistrar unha organización e explorar oportunidades.

Para rematar farase unha chamada á acción explicando os seguintes pasos a seguir para os interesados e as vías de colaboración para as empresas interesadas.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...