HomeCulturaTerceira entrega de "Folcast" por terras do Incio e da Pobra do...

Terceira entrega de “Folcast” por terras do Incio e da Pobra do Brollón

A nova entrega do podcast promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo segue viaxando a través da oralidade e da música tradicional, da man de Xosé Gago e Vanesa de Vilaesteva, veciña do Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A nova entrega de Folcast inclúe unha entrevista a Xosé Maceda, ex Quempallou e construtor de instrumentos de percusión. Tamén se fala con Nerea López, da Asociación Veciñal de Fornelas, quen reflexiona sobre o impacto comunitario da celebración das Foliadas Guímaras, promovidas polo Concello da Pobra do Brollón.

Hai ademais outros contidos como a gravación dun conto tradicional adaptado por parte da cantareira e narradora María da Pontragha, xunto a outras sorpresas musicais.

Todos os episodios desta serie súbense ao perfil de “Folcast” en Spotify, ademais de ás plataformas iVoox, Apple Podcasts e Amazon Music. Pódese seguir a actualidade do proxecto no perfil @folcast_radio en Instagram.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...