HomesociedadeTaboada abre as Patronais coa Festa da Mocidade que se celebra o...

Taboada abre as Patronais coa Festa da Mocidade que se celebra o 8 de agosto

O Festival da Mocidade, que conta co patrocinio do Concello de Taboada, a Deputación Provincial de Lugo, a Vicepresidencia da Deputación e a Xunta de Galicia, comezará ás 19:30 horas cunha ruta polos bares do municipio; ás 21:30 horas celebrarase a cea popular e ás 23:30 horas comezarán os concertos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A festa contará este ano cun cartel cheo de calidade galega, encabezado polos Herdeiros da Crus. A banda de Ribeira estará acompañada dunha proposta musical do máis ecléctica: Quinkillada, Os Residuos Radiactivas, Rastreros e The Palagans.

Como é tradición na Mocidade Taboada, a festa finánciase coa axuda dos patrocinadores e a venda das camisetas: o custe inclúe -ademais da prenda- cervexa, calimocho e a cea: bolo preñado, empanada e tarta Ancano de chocolate. A festa, que celebrou a súa primeira edición no 2007, é unha xornada festiva de xuntanza entre amigos e amigas, coa música en galego como referente.

As camisetas pódense mercar a un prezo de 16€ no Café Bar Mario, Café Santa Lucía, Bar Devezo, ScalaTaboada, Bar Rian e en Distribucións Casa Guillermo. O prezo, antes do domingo, 3 de agosto, é de 16€, e desde o luns, serán 19€.

Na presentación oficial da Festa da Mocidade de Taboada contouse coa participación de Roi Rigueira, (alcalde de Taboada), Manuel Diéguez (concelleiro de Cultura de Taboada), Paloma Vázquez (Delegación da Xunta en Lugo), Pilar García (Deputación de Lugo) e Iria Castro (Vicepresidencia da Deputación).

Alexandre Varela, representando á asociación organizadora do evento, Madialeva O! Taboada, explicou na súa intervención que esta “é unha festa que busca manter os seus sinais de identidade”, como a tradicional camiseta e o roteiro polos bares. Varela tamén destacou “o gran cartel musical deste ano”, e agradeceu ás institución e entidades colaboradoras a súa axuda, “sen a que non sería posible organizar a Festa da Mocidade”. Os representantes institucionais destacaron o compromiso das súas áreas con iniciativas como a Festa da Mocidade, que enche de vida Taboada cada ano, dándolle pulo ao rural.


ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...