HomesociedadeAdxudícase por 972.000€ o servizo de bus ás parroquias de Monforte

Adxudícase por 972.000€ o servizo de bus ás parroquias de Monforte

O Contrato deste servizo público foi adxudicado á empresa PALACIO BUS S.L que se obriga ó cumprimento do mesmo polo prezo total de 972.759, 55 euros IVE engadido, cun prazo de execución de 10 anos dende a acta de inicio do servizo e cun custe inicial de posta en marcha de 302.010,41 € no que está incluído o custe do autobús.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O novo contrato do servizo de xestión integral do autobús rural de Monforte, ten un prazo de duración de 10 anos e tendo en conta que o maior investimento se ten que facer ó poñer en marcha o servizo, xa que hai que contar coa inversión que hai que facer na compra do autobús no que se realizará o servizo.

Este tipo de transporte en autobús, permitirá aos veciños e veciñas do rural desprazarse facilmente á cidade, contribuíndo á loita contra o despoboamento e facilitándolle a vida a poboación máis vulnerable e con máis dificultades de mobilidade. Por ese motivo, tal e como afirma o Alcalde “hoxe para min é un día moi importante porque cumprimos un compromiso de dotar ás parroquias de Monforte dun novo servizo de transporte público, accesible a todos os cidadáns, novo, moderno, adaptado e que trata a todo o mundo por igual porque é gratuíto. Deste xeito, cumprimos o noso comprmiso e cumprimos coa palabra dada”.

Outra cuestión importante é que ó remate dos 10 anos de contrato, o autobús pasa a ser propiedade do Concello. A vantaxe que terá esta circunstancia para o futuro é que, cando se faga un novo contrato, o servizo sairá máis barato debido a que xa non haberá que mercar o autobús porque a vida útil é superior ós 10 anos, e polo tanto non será necesario pagar a cota de amortización do autobús.

O novo autobús vai rotulado coas cores corporativas e un deseño que o identifica como autobús de transporte urbano de viaxeiros de Monforte de Lemos. A súa cor é o vermello porque destaca máis e porque o primeiro bus que houbo en Monforte tamén era desa cor.

Os horarios do servizo de Bus Rural será de luns a venres laborables dende as 8:00 da mañá ata as 15:00 h.

Rutas, percorridos e paradas

-Cada día laborable, de luns a venres, realizarase unha das rutas previstas, incluíndo traxecto de ida e volta, conforme ao seguinte esquema operativo:

1ª RUTA

  • Rozavales.
  • Vilamarín.
  • Caneda.
  • Santa Mariña.
  • Estación de RENFE
  • Estación de Autobuses
  • Hospital
  • Estacionamento Parque dos Condes

2ª RUTA

  • A Penela
  • Nocedas
  • Gullade
  • Guntín
  • Marcelle
  • Estación de RENFE
  • Estación de Autobuses
  • Hospital
  • Estacionamento Parque dos Condes

3ª RUTA

  • Distriz
  • A Vide
  • MoredaSan Xoan de Tor
  • San Xulián de Tor
  • Estación de RENFE
  • Estación de Autobuses
  • Hospital
  • Estacionamento Parque dos Condes

4ª RUTA

  • Fiolleda
  • Baamorto
  • Chao do Fabeiro
  • Seoane
  • Estación de RENFE
  • Estación de Autobuses
  • Hospital
  • Estacionamento Parque dos Condes

5ª RUTA

  • Sindrán
  • Bascós:
  • Chavaga
  • Reigada
  • Estación de RENFE
  • Estación de Autobuses
  • Hospital
  • Estacionamento Parque dos Condes

5ª RUTA Bis

  • Valverde
  • A Parte
  • Estación de RENFE
  • Estación de Autobuses
  • Hospital
  • Estacionamento Parque dos Condes

O día que se realice a Ruta 5, unha vez finalizado o viaxe das parroquias de Sindrán, Bascós, Chavaga e Reigada, fará un segundo percorrido ás parroquias de Valverde e A Parte, denominándose ésta a Ruta 5 bis. O percorrido de volta de cada ruta será á inversa do realizado á primeira hora da mañá.

ÚLTIMAS

Mans artesás, un programa para impulsar a artesanía na provincia

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha un nova iniciativa de promoción...

A pregoeira da Festa do Caldo de Ósos de Taboada enxalza as súas propiedades curativas, “Estamos mellor ca nunca”

Mercedes Vázquez lembrou como a iniciativa naceu da asociación cultural O Carballo e pronto...

Medio Rural destaca as agrupacións forestais de xestión conxunta para evitar o abandono do monte

A conselleira que tamén estivo acompañada polo alcalde do Incio, Héctor Manuel Corujo, destacou...

O BNG de Pantón reclama ao Congreso solucións á situación de Santo Estevo do Sil

Desde o BNG consideran necesario solucionar os accesos a Santo Estevo do Sil e...