HomePolíticaOs socialistas de Pantón denuncian que contan cun só médico ata o...

Os socialistas de Pantón denuncian que contan cun só médico ata o 25 de agosto

O PSdeG-PSOE de Pantón denuncia a situación sanitaria "insostible" do municipio neste mes de agosto, no que o centro de saúde só conta cun médico ata o 25 de agosto. O outro facultativo que presta servizo habitualmente está de vacacións e, desde a Xunta de Galicia, non hai confirmación de que se envíe substituto

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os socialistas de Pantón comprobaron de primeira man esta realidade no propio centro médico, onde lles confirmaron a falta de cobertura e constataron que non existe ningún cartel informativo que avise á veciñanza desta situación.

Advirten, ademais, de que esta redución do persoal médico coincide coa época do ano na “que Pantón multiplica, como mínimo, por dous a súa poboación debido á chegada de veciñas e veciños retornados e visitantes, o que provoca unha maior demanda asistencial. A situación agrávase especialmente esta fin de semana, cando se celebran as festas do municipio, que atraen a centos de persoas máis e xeran unha maior necesidade de atención sanitaria”, aseguran.

“É inaceptable que, sabendo esta realidade, a Xunta non garanta unha cobertura médica axeitada, poñendo en risco a atención sanitaria e a saúde das nosas veciñas e veciños”, sinalan desde a agrupación.

O PSdeG-PSOE esíxelle á Xunta que adopte medidas urxentes para cubrir todas as ausencias e garantir que o centro de saúde de Pantón dispoña, como mínimo, do mesmo número de profesionais que o resto do ano, reforzando ademais o servizo durante o verán para dar resposta ao incremento de poboación.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...