HomePolíticaIGV apela a mobilizarse polo futuro da Ribeira Sacra

IGV apela a mobilizarse polo futuro da Ribeira Sacra

IGV asegura que a crise do sector do viño leva anos agravándose, tal como denunciaron nos plenos de Chantada, Monforte e Sober ao tempo que apoiaron iniciativas dos sindicatos agrarios, que tamén denunciaron repetidamente esta crise.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A semanas da vendima, IGV denuncia que se continúe sen respostas nin soluciós por parte da Consellaría de Medio Rural. Consideran tamén que a crise estrutural e de modelo debería obrigar tamén ao Consello Regulador a pronunciarse con contundencia, “pois dá a sensación de que as pequenas e pequenos vitucultores non teñen voz e o único que trascende ao público son os anuncios propagandísticos da Xunta”.

Xa a finais de 2023 e comezando 2024, IGV alertaba dunha «crise de excedentes de uva» que engade presión ao sector, perante a incapacidade das adegas para recoller toda a produción e a escasa presenza da novas xeración de viticultores. “Canto ás supostas axudas, non chegaron á base de produtores, ou apenas uns centos de euros, algo anecdótico”, afirman e lamentan que caera en saco roto a súa solicitude dunha fronte común de alcaldías da Ribeira Sacra para exixiren medidas da Xunta.

Segundo estimaciós dos sindicatos agrarios, entre 1,3 e 2 millóns de quilos de uva poderían quedar sen recoller esta vendima, cando faltan semanas para o seu inicio. “Unha segunda campaña consecutiva sen recollida pode resultar mortal para a DO”, apuntan e demandan as seguintes mediadas:

  • Elaborar un estudo de custes do quilo de uva, con atención a cada subzona da Ribeira Sacra, para evitar que se continúe incumprindo flagrantemente a Lei da Cadea Alimentar.
  • Compromiso público de recollida de uva por parte das adegas, con prezos xustos e garantía de recoñecemento da súa produtividade.
  • Estabelecer incentivos directos ao viñedo en socalco, para preservar unha paisaxe declarada candidata a Patrimonio da Humanidade, sen excluír o autoconsumo ou aquelas parcelas que non se acollan á DO, pois a paisaxe mantéñena igualmente.
  • Adaptar a PAC para priorizar o cultivo en ladeira e aplicalo ao viñedo e deter novas plantacións que non repeiten o terreo tradicional.
  • Plan de relevo xeracional, impulsando a incorporación de persoas novas ao cultivo da viña.
  • Promover a diferenciación por subzonas e simplificar a burocracia para viticultores.
  • Desenvolver liñas de axuda que non exclúan na práctica, polos requisitos e pola burocracia, ás persoas viticultoras, xa que a realidade da Ribeira Sacra é unha superficie media de 0,5 ha.

Lembran que non hai Patrimonio da Humanidade sen persoas e sen ribeiras e fan un chamamento á mobilización cidadá “A Ribeira Sacra está en perigo e merece ser defendida”, conclúen.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...