HomeCulturaA Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

Este ano o evento levará á Pobra do Brollón tres propostas musicais moi potentes que mesturan tradición e innovación: Carmela, Lideira e Xabier Díaz & Adufeiras do Salitre.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición do Festival As Cores do Outono, actividade que conta co apoio económico da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Participaron do acto que se desenvolveu na área recreativa de Samugeiros, o alcalde, Xosé Lois Maceda e a concelleira de cultura, Marián Martínez, xunto coa deputada, Iria Castro.

Nesta ocasión, Xabier Díaz poñerá sobre o escenario a súa experiencia de máis de tres décadas na escena musical galega e xunto coas Adufeiras do Salitre ofrecerá un concerto moi bailable que seguro terá ao público en pé.

As propostas dos tríos Carmela e Lideira son máis pequenas en compoñentes pero non menos intensas. Carmela son Carme López en voz e percusión, Camille Hedouin (Mounqup) con electrónica e voces, e Sara Méndez no saxofón. Carmela pon no centro a tradición oral transmitida por xeracións de mulleres e mestúraa con novos sons máis contemporáneos.

Lidiera, pola súa banda, mestura voces, percusión e ventos con Lois Prado, Gabi Reboredo e Sara Méndez, nunha proposta innovadora e singular que tamén convida ao baile.

Os concertos comezarán ás 21:00 horas na área recreativa de Samugueiros, onde tamén haberá opcións de bebida e comida, así como postos de artesanía. Para ir quecendo motores, anteriormente aos concertos, ofrecerase un obradoiro de baile tradicional a cargo de Gabi Reboredo.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Adeus ao Anchoas. Ou de como a legalidade se impuxo á nostalxia da memoria colectiva

Hai poucos días acudín a un convite no Pazo de Tor, organizado polos responsables...

En marcha os Trens Turísticos da Ribeira Sacra que funcionarán ata outubro

Renfe retomou este sábado as viaxes máis singulares por Galicia cos Trens Turísticos Xunto...

O luns, 8 de xuño, ábrese o prazo de matrícula para os Campamentos Deportivos de Verán en Monforte

O concello de Monforte publicou esta semana as listas de persoas admitidas nas actividades...

O BNG solicita revisar a autorización de Patrimonio para a nova ponte do Cabe

Segundo explicou o deputado do BNG, Iago Suárez Fernández, o proxecto previsto suporía unha...