HomeCulturaMonforte pecha as Feiras do Libro en Galicia

Monforte pecha as Feiras do Libro en Galicia

A rúa Cardenal de Monforte acolle ata o sábado, 23 de agosto, a XXVI Feira do Libro de Monforte. As casetas das 6 librarías participantes abrirán as súas portas en horario de 11:00h a 14:00h e de 19:00 a 22:00.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As casetas presentes nesta edición son as de A Gata Tola (Santiago de Compostela), Libraría Cartabón (Vigo), Librería Ula (A Coruña), Librería Agrasar (Monforte), Librería Entre Libros (Monforte) e Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.

A Feira do Libro de Monforte conta cun completo programa de actividades, no que se inclúen Seis casetas, ducias de autores, eventos para toda a familia, sinaturas e presentacións. Coa Feira do Libro de Monforte, a Federación de Librarías de Galicia dará por rematada a tempada de feiras de 2025, e que ten 13 citas por toda Galicia.

A cita inaugurábase este mércores pola tarde por parte do alcalde de Monforte, José Tomé Roca, que animaba a visitar a feira e presentaría á pregoira desta edición que leva o lema de Onde florecen os libros. A pregoeira foi a escritora e ilustradora, Estefanía Padullés. A autora afincada en Paradela é unha das 10 escritoras/es da Ribeira Sacra presente na Feira, xunto a Luis Colder, seudónimo do monfortino Luis Antonio Cortiñas, Andrea Micc, natural de Pantón, que se deu a coñecer en 2023 coa obra “Crónicas de Vanusum”, Carlos Padilla, con raíces familiares en Monforte, e que publicou a novela “La vanidad y los buitres”, que está ambientada na comarca de Lemos, Gloria Guerrero, e Fina Maciolas, ademáis de Yolanda Álvarez, de Bóveda e Sonia Arias de Paradela. A escritora, Olga Novo, e o arquéologo, Xurxo Ayán, participarán na firma de exemplares o sábado 23 a partir das 20:30 horas.

Programación

Todos os libros que se adquiran nesta Feira do Libro monfortina, contarán cun desconto do 10%.

XOVES 21 DE AGOSTO

CARPA DE ACTIVIDADES

  • 19:00       Teatro para familias: Pablísimo representa a obra Cabicivai
  • 20:00       Presentación recital: participan Andrea Nunes con Mapa de estría e Miguel Cavada con Himno nacional

CASETAS LIBRARÍAS

  • 11:00       Andrea Parada asina Una falsa perfección na caseta da libraría Entre libros
  • 11:00       Antía Martín asina Amores extraños na caseta da libraría Agrasar
  • 12:00       Alba López Paredes asina Trilogía La leyenda de Nandinor, Trilogía La leyenda de Noa, Bilogía Glesea e Saga de Cómic Nándidor na caseta da libraría A gata tola
  • 12:00       Estefanía Padulles asina todos os seus libros na caseta da libraría Agrasar
  • 19:00       Alba López Paredes asina Trilogía La leyenda de Nandinor, Trilogía La leyenda de Noa, Bilogía Glesea e Saga de Cómic Nándidor na caseta da libraría A gata tola
  • 19:00       Fina Maciolas asina Unha árbore, un poema e o seu sentir na caseta da libraría Entre libros
  • 20:30       Rosalía Val asina Punto y coma na caseta da libraría Agrasar

Feira do Libro de Monforte / Vicepresidencia Deputación

VENRES 22 DE AGOSTO

CARPA DE ACTIVIDADES

  • 19:00       Teatro para familias: Pedras de cartón representa a obra Carapuchiña vermella
  • 20:00       Cristina Pato presenta Fora de foco
  • 20:45       Rober Cagiao presenta A dama de Anboto acompañado pola xornalista María Nieto

CASETAS LIBRARÍAS

  • 11:00       Maritere Fernández asina Candy y los caballos na caseta da libraría Entre libros
  • 12:00       Alba López Paredes asina Trilogía La leyenda de Nandinor, Trilogía La leyenda de Noa, Bilogía Glesea e Saga de Cómic Nándidor na caseta da libraría A gata tola
  • 12:00       Javier Fraiz asina Amar/Azar na caseta da libraría Agrasar
  • 13:00       Rober Cagiao asina La dama de Anboto na caseta da libraría Agrasar
  • 19:00       Alba López Paredes asina Trilogía La leyenda de Nandinor, Trilogía La leyenda de Noa, Bilogía Glesea e Saga de Cómic Nándidor na caseta da libraría A gata tola
  • 19:00       Eva Riobó asina Doncella de hierro na caseta da libraría Entre libros
  • 19:00       Arantza Portabales asina Asesinato na casa rosa na caseta da libraría Agrasar
  • 20:00       Nuria Díaz asina Charlie Chaplin el pequeño vagabundo na caseta da libraría Agrasar 21:00     Carlos Padilla asina La vanidad y los buitres na caseta da libraría Agrasar

SÁBADO 23 DE AGOSTO

CARPA DE ACTIVIDADES

  • 11:00       Espectáculo familiar: Os Xogos do Paporrubio, xogos para toda a familia. Patrocinado por Deleite (2 horas)
  • 19:00       Teatro para familias: Teatro Ghazafelhos representa a obra Contamos Contos de lobos
  • 20:00       Contacontos Bota e zapato con Yolanda Álvarez
  • 21:00       Poesía Micro aberto

CASETAS LIBRARÍAS

  • 11:00       Andrea Micc asina Crónicas de Vanusum na caseta da libraría Entre libros
  • 11:00       Yolanda Álvarez asina Zapato e bota na caseta da libraría Agrasar
  • 12:00       Sonia Arias asina Antes pasábase por aquí na caseta da libraría Agrasar
  • 12:30       Xosé de Cea asina O que estou a dicir cando digo Altri Non na caseta da libraría ULA libraría social
  • 13:00       Óscar Guzmán asina Pero…como morren as pegas? na caseta da libraría Agrasar 19:00 Ana Rocha asina Sendero de la lavanda na caseta da libraría Entre libros
  • 19:00       Silvia Tasende asina O espírito das maceiras na caseta da libraría ULA libraría social 19:30       Luis Colder asina Código hobo na caseta da libraría Agrasar
  • 20:30       María Besteiros asina Ítaca na caseta da libraría ULA libraría social
  • 20:30       Xurxo Ayán e Olga Novo asinan Repil 20 de abril de 1949 na caseta da libraría Agrasar

Do acto inaugural participaron tamén o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, que puxo en valor “estas iniciativas, que axudan ao descubrimento de novas experiencias arredor da lectura, ao tempo que enchen as vilas e as cidades de propostas culturais diversas e para toda a poboación”. E a deputada de Cultura, Iria Castro, destacaba que “as feiras lle dan á lectura unha visibilidade e unha dimensión colectiva que resulta moi propicia para crear e fidelizar lectoras e lectores. Ademais, supoñen unha oportunidade para coñecer novidades editoriais e impulsar as vendas das librarías, que son fundamentais para soster unha rede cultural forte nos nosos concellos, no noso país”

ÚLTIMAS

Como poden axudar os servizos sociais dos concellos?

As situacións de vulnerabilidade, vinculadas á soidade, depresión ou adicións fixéronse máis visibles durante...

A CHMS investirá case 8M€ na mellora do saneamento de Monforte

Este acordo de colaboración dá continuidade ás actuacións contempladas no plan director para a...

‘Showcooking outonal’ por parroquias en Monforte

O Concello de Monforte de Lemos comezou o pasado 21 de novembro unha interesante...

Reúnese a Mesa de Coordinación de Lemos para a mellora da atención as vítimas de violencia de xénero

A Mesa de traballo está composta por profesionais de toda a Comarca de Lemos...