Para a celebración do torneo cóntase con dúas pistas 3×3 oficiais e con árbitros colexiados, speaker e DJs. A programación inclúe concurso de triples e partidos nocturnos. O encontro está dividido en tres categorías, unha senior, unha cadete e infantil mixta e outra de minibasket mixto.
O delegado territorial, Javier Arias, enxalza o labor do CB Sarria en favor da promoción do baloncesto e do deporte de base entre a poboación, en especial entre os máis pequenos.
Este sábado, dentro da programación da Noite Meiga cóntase coa animación musical da Banda de Música da Comarca de Sarria, dos grupos de danza de Meigas e Trasgos, e D´Crooners Band. Haberá ademais concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre que patrocina a Xunta de Galicia, como a Vicepresidencia da Deputación fixo cos concertos do venres.
Na madrugada deste sábado celebrarase a tradicional Danza da Noite Meiga, o epicentro desta festa. O domingo está dedicado aos máis cativos, coa “Tardiña meiga”.


