HomesociedadeVisita de estudantes árabes ao Xeoparque Montañas do Courel

Visita de estudantes árabes ao Xeoparque Montañas do Courel

A visita inclúese no proxeto sobre Turismo Sostible como Motor da Protección do Emprego nos Xeoparques, e dentro do Programa MASAR: Importancia hidroxeolóxica dos Xeoparques Mediterráneos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estes días están visitando o Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel estudantes palestinos, marroquís, xordanos, iraquís e tunecinos. A visita está enmarcada no proxecto sobre Turismo Sostible como Motor da Protección do Emprego nos Xeoparques, dentro do Programa MASAR: Importancia hidroxeolóxica dos Xeoparques Mediterráneos.

Na fin de semana coñeceron o bosque da Devesa da Rogueira da man de Marcos Reinoso Domínguez de Pía Paxaro e estarán no territorio ata o vindeiro martes 2 de setembro.

Visita á Devesa da Rogueira. Foto: Xeoparque Montañas do Courel.

Este domingo, 31 de agosto, os estudantes árabes coñeceron no Concello de Quiroga a aldea paleozoica da Seara, onde quedaron abraiados coas habilidades musicais de Xavier Blanco, da Fundación Legar, e coa beleza da aldea veciña de Viveros. Neste último lugar, Paula e Saka, veciños e emprendedores, abríronlles o seu corazón mostrándolles o seu proxecto de vida e a súa filosofía para o mundo.

Os visitantes na Fundación Legar da Seara. Foto: Xeoparque Montañas do Courel.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...