HomeMedio ambiente e PatrimonioTaboada celebra este 7 de setembro a Queima das Fachas de Castelo

Taboada celebra este 7 de setembro a Queima das Fachas de Castelo

Durante a xornada do domingo haberá diferentes actividades, como unha visita guiada polos esgrafiados da zona, unha ruta turística e cultural pola parroquia de Castelo e unha cea previa á subida ao Castro para desfrutar do espectáculo do acendido das fachas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta cita cunha tradición milenaria, que comezará ás 00:00h é Festa de Interese Turístico de Galicia e Ben de Interese Cultural. A celebración promovida pola Asociaclón Cultural As Fachas conta cunha achega de 4.000€ da Axencia de Turismo, a través das axudas para o apoio, promoción e difusión das festas declaradas de Interese Turístico de Galicia.

Durante a xornada do domingo haberá diferentes actividades, como unha visita guiada polos esgrafiados da zona, unha ruta turística e cultural pola parroquia de Castelo e unha cea previa á subida ao Castro para desfrutar do espectáculo do acendido das fachas.

Ademais, a Consellería do Mar desprazará á praza de Riazón unha das foodtrucks da campaña, Galicia sabe amar , que abrirá de 12,00 a 15,00 e de 17,30 a 20,30 horas. No posto ofreceranse degustacións gratuítas de tapas elaboradas con peixe e marisco galego e con alimentos de proximidade. O obxectivo deste programa da Xunta é promocionar o consumo dos produtos do mar de Galicia.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...