HomePolíticaO PP de Monforte pedirá no vindeiro pleno dedicar unha rúa á...

O PP de Monforte pedirá no vindeiro pleno dedicar unha rúa á historiadora Manuela Sáez

Os concelleiros do PP de Monforte defenderán no vindeiro pleno que o Concello de Monforte dedique unha rúa da cidade á historiadora Manuela Sáez González, que foi a pregoeira das patronais deste ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Manuela Sáez González é unha historiadora moi coñecida e recoñecida polos seus traballos de investigación sobre Don Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos; traballos destacados publicamente polo Duque de Alba e actual Conde de Lemos.

A voceira popular, Katy Varela, explica que “é de xustiza recoñecer publicamente aos monfortinos máis destacados e, neste caso, consideramos que así o merece”. Neste senso, a voceira popular recordou que durante o seu pregón o pasado mes de agosto “deu unha verdadeira lección de historia”, e o certo é que “a sensación entre a cidadanía foi que este ano a súa elección como pregoeira foi axeitada”.

Ademais, Katy Varela sinala como “foi unha mágoa” que tras dúas obras importantes como foron o parque do Hospital ou o parque da Gardaría “se optase por denominacións tan simples coma esas cando se puido ter aproveitado para nomealos recoñecendo a traxectoria de persoeiros ilustres.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...