HomePolíticaSheyla Couso, nova presidenta de Novas Xeracións do PP de Carballedo

Sheyla Couso, nova presidenta de Novas Xeracións do PP de Carballedo

Sheyla Couso foi proclamada presidenta de Novas Xeracións de Carballedo co apoio dos afiliados da formación xuvenil do Partido Popular no congreso local celebrado a pasada semana coa participación da presidenta do PP da provincia, Elena Candia, o alcalde de Carballedo, Julio Yebra-Pimentel, e outros representantes locais, comarcais e provinciais do Partido Popular.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A nova presidenta é veciña de Bustelo (Carballedo), ten 21 anos, formación no ámbito sanitario (técnica de raios e radioterapia) e forma parque do equipo feminino do Carballedo CF. Sheyla Couso agradeceu a confianza dos seus compañeiros e comprometeuse “esforzo, dedicación e proximidade” para traballar para “construír un bo futuro para Carballedo”. A nova presidenta da formación xuvenil asegura que cre “na forza da xuventude e nas novas ideas” e avanza que “o noso equipo traballará para motivar aos mozos e mozas a quedar no noso rural” e tamén “para dar a coñecer Carballedo no resto de Galicia”.

A presidenta do PP da provincia, Elena Candia, destacou o paso adiante da nova presidenta da formación xuvenil en Carballedo, “unha muller nova e comprometida” que, xunto ao seu equipo, constitúen “un exemplo do futuro que ten por diante o noso proxecto político na provincia”. De feito, destacou que “medra a incorporación de mozos e mozas ao noso proxecto político”. No último ano, a afiliación a Novas Xeracións incrementouse nun 16%.

Durante o congreso local de Novas Xeracións tamén interveu o alcalde, Julio Yebra-Pimentel, que compartiu cos mozos e mozas o que considera que deben ser tres das cualidades fundamentais para dedicarse á política: vocación de servizo, espírito de sacrificio e capacidade de traballo. Así mesmo, indicou que “é necesario coñecer o medio no que se desenvolve a actividade, traballar con responsabilidade e, especialmente, non esquecer que a soberanía reside no pobo”.

Congreso NNXX Carballedo / PP Provincial

NOVAS XERACIÓNS DE CARBALLEDO

O comité executivo de Novas Xeracións de Carballedo que encabeza Sheyla Couso complétase con:

  • Lúa González, secretaria xeral
  • Iván López, secretario de organización
  • Alejandro Calviño, vicesecretario de Medio Rural
  • Martín Rodríguez, vicesecretario de Acción Social
  • Ramón Fernández, vicesecretario de Políticas para a Xuventude
  • Alba Pérez, vicesecretaria de Redes e Comunicación
  • Laura Sanmartín, vogal
  • María Vázquez, vogal

ÚLTIMAS

O Mercado de Nadal de Quiroga péchase con éxito e pénsase na continuidade

Este Mercado de Nadal, organizado polo Concello de Quiroga coa colaboración da Asociación de...

O Concello de Bóveda entrega os Premios do III Concurso de Poesía

O premio da categoría de adultos recaeu eu Adrián Casanova, de Monforte, mentres que...

Este 30 de decembro o Faladoiro de Quiroga cunha veciña de Ucraína

Mariia foise adaptando aos costumes, ao clima e á lingua. Traballou como coidadora e...

Dous anos de Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible nas comarcas de Lemos, Chantada e Deza

Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible Galicia atende en orientación laboral a persoas...