HomesociedadeClausúrase o obradoiro de emprego de Bóveda, O Incio e A Pobra...

Clausúrase o obradoiro de emprego de Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón

O taller desenvolveuse durante os últimos nove meses e contou cunha vintena de participantes dos tres municipios que tiveron a oportunidade de adquirir formación teórica e práctica en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou esta semana en Bóveda na clausura do obradoiro dual de emprego promovido por este concello xunto cos do Incio e A Pobra do Brollón. A actividade foi financiada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con 412.000 euros. Arias animou aos alumnos-traballadores que hoxe recolleron os seus diplomas a “aproveitar as habilidades e coñecementos cos que agora contan para inserirse no mercado laboral”.

A formación teórica complementouse con prácticas laborais que permitiron acondicionar xardíns e zonas verdes dos tres concellos. Así, en Bóveda leváronse a cabo traballos na zona do miradoiro do Alto do Coto, no parque infantil e no entorno da igrexa de Rubián, no Paseo ó Muíño do Xil, na ruta de Remesar ou nos campos da festa de Teilán e Ver.

No que respecta ao Incio, actuouse no entorno do Muíño de Sancho e na área recreativa Fonte do Arnado, na ruta do Mamut e na dos Muíños de Trascastro e Pozo da Ola, ou nas áreas verdes da Praza de España da localidade, na carballeira, o entorno da igrexa e a praia fluvial de Sáa.

Na Pobra do Brollón, as actividades permitiron mellorar xardíns e zonas verdes na área de autocaravanas dos Medos, nas áreas recreativas de Samugueiros e Sáa, e nas rutas de sendeirismo da Cova das Choias, da Castaña e do Mel, ou na da ferrería de Loureiro ó Mazo de Santigoso

Obradoiro Bóveda / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...