HomeSucesosGrave ataque contra o futuro centro de menores migrantes de Monforte

Grave ataque contra o futuro centro de menores migrantes de Monforte

Foron lanzados dous coctel molotov que causaron graves danos.

Publicado o

- Advertisement -

A Policía Nacional investiga o ataque con dous cóctel molotov contra o edificio do municipio lucense de Monforte de Lemos que albergará o centro da Xunta para acoller a menores migrantes.

Os feitos producíronse sobre as 03.00 horas deste sábado cando saltou a alarma do baixo, no que a explosión desta bomba incendiaria de fabricación caseira causou numerosos danos materiais.

En concreto, o baixo está situado no edificio residencial Francisco Suárez que Prodeme ten no municipio e o suceso ocorre unha semana despois de que a conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciase a creación deste centro, que contará con 80 prazas. Fontes da Consellería de Política Social, consultadas por Europa Press, condenan “calquera acto de violencia” e piden prudencia para deixar traballar aos corpos policiais.

ÚLTIMAS

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...