HomeCultura"Benvidos ao galego!", actividade de normalización lingüística na Comarca de Quiroga

“Benvidos ao galego!”, actividade de normalización lingüística na Comarca de Quiroga

Os Concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel organizan esta actividade de normalización lingüística que consistirá nun encontro cun neofalante da comarca de Quiroga para o alumnado dos centros de ensino dos tres concellos do Xeoparque Montañas do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O convidado desta charla será Rubén Gutiérrez “Peitoescuro”, cantautor e enxeñeiro agrícola madrileño asentado no lugar das Covas. Contaralles aos rapaces e rapazas a súa historia persoal, de como chegou a Quiroga e como foi aprendendo o galego ata o punto de empregalo incluso para a súa carreira musical. A continuación, o alumnado poderá intervir e preguntarlle o que considere; e para rematar, Rubén interpretará algúns temas do seu repertorio.

Cartel da actividade.

Este luns, 22 de setembro, haberá dúas sesións: ás 10:30 para o alumnado do CEIP de San Clodio e ás 15:30 para o alumnado do CEIP de Quiroga. E o día 1 de outubro a charla – coloquio desenvolverase ás 10:00 para o alumnado do CPI Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel e ás 12:50 para os alumnos do Instituto de Educación Secundaria de Quiroga.

A actividade conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...