HomeMedio ambiente e PatrimonioO 26 de setembro Vilelos celebra o Folión das Fachas

O 26 de setembro Vilelos celebra o Folión das Fachas

A Asociación de veciños de San Martiño de Vilelos, no concello do Saviñao organiza un ano máis o Folión das Fachas, que terá lugar este venres, 26 de setembro desde as 22:00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nestes últimos anos a Asociación conseguiu asentar esta tradición que se leva celebrando dende tempos inmemoriais. Os promotores queren implicar á xente nova para que non se chegue a perder a tradición.

A cita terá lugar o venres, 26 de setembro, a partir das 22:00h. O principal reclamo da festa, a procesión das fachas á cima do Castro da Besta, comezará ás 00:00h. Á volta do percorrido acenderanse ás fachas máis longas que arderán ó tempo que se desenvolverá dito concerto.

“Nestes días estamos a traballar na recollida dos agucios para elaborar as fachas. Proceso no que están tamén a participar os máis novos de Vilelos co fin de que vaian tomando contacto coa tradición”, explican desde a Asociación Veciñal de San Martiño de Vilelos.

Declarada BIC no ano 2018, esta tradición ancestral ten moitas similitudes coa Queima das Fachas de Castelo no concello de Taboada que se celebra o 7 de setembro.

ÚLTIMAS

Monforte anuncia 25.000 euros en premios para o Entroido 2026

Comeza a conta atrás para o comezo do Entroido, e con el chegan os...

Aberto o prazo para solicitar axudas á formación adaptada ás necesidades das empresas

A Xunta lembra que ten aberta ata o 1 de decembro deste ano a...

O Concello de Castro Caldelas solidarízase coas preocupacións dos gandeiros

Os gandeiros de Castro Caldelas, ao igual que moitos outros por toda Galicia, seguen...

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...