HomesociedadeDon Bernardino inaugurará a XXXIX Feira do Viño de Amandi

Don Bernardino inaugurará a XXXIX Feira do Viño de Amandi

O Concello de Sober vén de celebrar reunión cos 25 adegueiros preinscritos para participar na XXXIX Feira do Viño de Amandi que se celebrará en Sober na fin de semana do 13 e 14 de abril.

Publicado o

- Advertisement -

Na reunión avanzáronse algúns detalles da próxima edición da feira que se presentará oficialmente xunto coas actividades do ‘Mes do Amandi’ o día 16 de marzo no miradoiro de SoutoChao, en Doade.

O ‘Mes do Amandi’ en cuxa programación se está traballando contará con catas comentadas, xornadas de maridaxe, en colaboración coa Escola de Hostalería de Rosende, actividades musicais e xornadas técnicas coorganizadas coa EVEGA, entre outras actividades.

A inauguración da feira deste ano correrá por conta da adega Don Bernardino, en recoñecemento e lembranza do seu fundador e pioneiro da Feira do Viño de Amandi e da D.O. Ribeira Sacra, Bernardino Rodríguez de Santa Cruz de Brosmos, falecido aos 89 anos o pasado mes de novembro. O Concello do Saviñao será o convidado de honra desta edición da feira. Este ano a feira terá como convidado de  honra ao Concello do Saviñao.

A primeira actividade promocional desta edición da feira será en Xantar onde o concello de Sober contará cun stand entre o 6 e o 10 de febreiro, neste último día celebrarase degustación de viños de Amandi.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...