HomesociedadeA conselleira de Medio Rural pregoa o 28 de setembro a Feira...

A conselleira de Medio Rural pregoa o 28 de setembro a Feira de Artesanía e Produtos Locais de Triacastela

A XIII Feira de Artesanía e Produtos Locais de Triacastela celébrase este domingo, 28 de outubro. A apertura dos postos farase ás 11:00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A programación da feira recolle ás 12:00h a inauguración da exposición ‘Museo escolar do patrimonio Triacastelá: o teu pasado, o meu presente’ realizada polo alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila. O acto celebrarase na Fonte do Lunar.

Ao longo da xornada a foodtruck Galicia Sabe Amar visita o Concello e haberá degustacións gastronómicas por experiencias de calidade da Consellería do Medio Rural e demostracións e obradoiros de Artesanía de Galicia para todos os públicos. A Furgoteca achegará unha actuación de contamaxias.

Ás 13:00 horas a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, pronunciará o pregón da feira. Xa pola tarde, haberá un concerto de Lucía Pérez coa Banda de Música da Comarca de Sarria ás 18:00 horas.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...