HomesociedadeA Asociación Baturruka, prexudicada tamén polo ataque ao edificio de Prodeme

A Asociación Baturruka, prexudicada tamén polo ataque ao edificio de Prodeme

A entidade cultural-musical monfortina, que levaba anos ensaiando e gardando alí parte dos seus instrumentos, amosa publicamente o seu rexeitamento ao acontecido e tamén aos discursos de odio que se están xerando.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Baturruka vén de manifestar publicamente o seu máis rotundo rexeitamento ao ataque contra o edificio de Prodeme, instalacións nas que ensaiaban dende hai anos e onde gardaban parte dos seus instrumentos, moitos deles afectados polo incendio provocado tras o lanzamento dun cóctel molotov.

“O feito de que este ataque tivese lugar precisamente na sala que Prodeme nos cedía para ensaiar dálle unha dimensión máis dolorosa, porque non só se atentou contra un proxecto de acollida solidaria, senón tamén contra a cultura e a convivencia que nós representamos”, manifestan dende a entidade.

No comunicado que fixeron chegar aos medios de comunicación trasladan tamén que “queremos agradecer de corazón ao barrio do Val de Lemos, que nos leva acollendo todo este tempo con agarimo e respecto. Seguiremos formando sempre parte do barrio, porque así nos sentimos. O noso agradecemento tamén á Asociación Prodeme pola cesión desinteresada do espazo durante todos estes anos, facendo posible que Baturruka tivese un lugar onde medrar e compartir música”.

Algúns instrumentos que gardaban nas instalacións do Edificio de Prodeme. Foto: Asoc. Baturruka.

A continuación, sinalan claramente que rexeitan o racismo, a xenofobia e a xenreira. E nese senso consideran que “non hai xustificación posible para quen alimenta o lume do fanatismo”, e tamén que “estes discursos de odio só sementan división, medo e violencia. A nosa resposta, como sociedade, debe ser a contraria: solidariedade, convivencia, cultura e dignidade”.

Finalmente, rematan o comunicado lembrando que a música que fan é un canto á diversidade e á unión, motivo polo que seguirán adiante, máis fortes e comprometidos/as ca nunca para demostrar que a xenreira non terá a última palabra.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...