HomeEn profundidadeMara, de Dinámica Monforte: “queremos que o evento ou actividade que se...

Mara, de Dinámica Monforte: “queremos que o evento ou actividade que se organice no noso local sexa inesquecible”

Coñecemos a evolución deste proxecto que cubre a demanda de espazos privados e personalizados nos que se poden organizar eventos, actividades e talleres. O local, que se pode alugar por horas, abriu as súas portas ao público en xaneiro deste 2025.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Cando lle preguntamos a Mara pola evolución do seu proxecto ata o momento actual dinos que “Estamos aí loitando. Hai moita competencia, pero xa nos empezan a coñecer e queremos poñer en valor a Dinámica Monforte como local de aluguer flexible, con moitas prestacións para estar como na propia casa e no que o evento que se organice sexa inesquecible”.

Entrada de Dinámica Monforte. Foto: XdL
QUE OFRECE DINÁMICA?

O servizo principal que se ofrece á clientela é o aluguer do local por horas tanto para eventos privados (cumpreanos, celebracións, reunións de traballo, presentacións, etc.) como para actividades, formacións, obradoiros, ou calquera outro tipo de iniciativa externa que poda encaixar no espazo.

No tempo que leva aberto achegouse bastante xente para realizar no local reunións familiares, cumpreanos sorpresa, cumpreanos infantís… Mara comenta que toda a clientela que pasou por Dinámica nestes meses quedou moi contenta e que valoraron positivamente os espazos que se ofrecen, entre eles a cociña totalmente equipada para poder gardar e preparar a comida que traen os clientes para os seus eventos. Tamén amosaron a súa satisfacción por considerar que o local está moi ben acondicionado, que conta cun mobiliario novo e moderno, que está climatizado e que ofrece moitas alternativas de xogos para todos os públicos.

toda a clientela que pasou por Dinámica nestes meses quedou moi contenta valorando positivamente os espazos que se ofrecen

Sala preparada para un cumpreanos. Foto: Dinámica Monforte.

No que respecta a persoas que viñeran ofrecer os seus talleres para realizar en Dinámica Monforte, sabemos que tiveron algunha experiencia e nestes meses teñen previsto dar a coñecer máis o servizo e comezar algunhas actividades. Unha delas é de Bea de ‘Namórate’ que empezará con diferentes talleres. Un deles, con previsión de comezo para o 3 de outubro, será un taller de costura de fieltro. E xa para finais deste mesmo mes, fará unha actividade especial de Samaín aínda por concretar.

Mara aproveita esta entrevista para dirixirse a posibles interesados e interesadas animándoos/as a que “escollan Dinámica Monforte para ofrecer os seus talleres e actividades porque o local é amplo e luminoso, os prezos sempre serán especiais e moito máis baixos que os que temos para eventos puntuais”. “Que veñan preguntar, que comparen e nos vexan como unha alternativa pois sempre imos ser máis baratos que o aluguer dun local todo o mes”.

Lembra tamén que “hai a opción de organizar cumpreanos diferentes, como por exemplo, cumpreanos con manualidades ou cumpreanos nocturnos” e que, “temos 116 metros cadrados de espazo, un local totalmente adaptado e seguro con todos os permisos en regra, baños amplos e adaptados, cociña totalmente equipada, mobiliario moderno, calefacción e aire acondicionado, xogos para todos os públicos, pantalla con wifi, doado aparcamento, céntrico… E licencia para poder realizar actividades ata as 2 horas da madrugada”.

“hai a opción de organizar cumpreanos diferentes, como por exemplo, cumpreanos con manualidades ou cumpreanos nocturnos”

EVENTOS E ACTIVIDADES PROPIAS

Dinámica tamén organiza directamente talleres infantís e actividades temáticas. Neste senso, a xerente comenta que estes pasados meses o que máis organizou foron campamentos para axudar á conciliación nos períodos nos que os cativos e cativas non tiveron clase, e talleres de maxia con actuación.

Esta última actividade, a cargo do mago Fernando Moreno, funcionou moi ben con varias sesións e vai ter continuidade para este mes de outubro. “Os días 10 e 12 de outubro temos programado un espectáculo con taller para promover a lectura. Maxia enfocada a promover a lectura”.

Ademais, e xa metidos no outono, os días 30 de outubro e o 3 de novembro terán pola mañá un espazo de ludoteca para nenos e nenas, tendo en conta que eses días non teñen clases. Este servizo ofrecerano das 9 ás 14:00 h.

“Os días 10 e 12 de outubro temos programado un espectáculo con taller para promover a lectura”

Futbolín de Dinámica Monforte. Foto: XdL
ABERTOS Á COLABORACIÓN

Mara comenta tamén que está aberta a colaborar con outros negocios de Monforte e contorna para ofrecer o seu espazo de cara a presentacións, reunións, e calquera tipo de eventos que precisen dos servizos e prestacións que ofrece Dinámica Monforte. “Ás veces hai pequenas empresas, autónomos ou locais comerciais que non dispoñen deste tipo de espazos e nós ofrecémosllo, a moi bo prezo, con mobiliario e ambiente axeitado para garantir tranquilidade e comodidade”.

CURIOSIDADES

Este pasado verán tiveron demanda de xente de fóra de Monforte que, estando de vacacións coa familia, buscaba un espazo cómodo e tranquilo para dedicarlle unhas horas a teletraballar. Ou sexa que, concertando horas, o teletraballo tamén pode ser unha opción para alugar os seus espazos.

E para o 25 de decembro deste ano xa teñen reservado o local para unha xuntanza familiar de Nadal porque, ao parecer, non teñen sitio dabondo na súa casa e a opción de Dinámica pareceulles ideal para estar xuntos nesa data tan sinalada.

LOCALIZACIÓN E CONTACTO

Dinámica Monforte está na Rúa Celso Emilio Ferreiro, 44-46 Baixo (Monforte)

Teléfono: 644 351 837 / Email: info@dinamicamonforte.com

Perfil en Facebook e Instagram.

O local ten un aforo de 50 persoas.

ÚLTIMAS

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento...

O PP anuncia no Parlamento que a Xunta investirá 30M€ no Hospital de Monforte, mentres o BNG reclama solucións ás listas de espera

A iniciativa nacionalista demandaba garantir a cobertura completa de prazas nos servizos con maiores...

“Habilidades e competencias para o emprego”, do 15 ao 17 de outubro no Centro Cívico de Monforte

Enmarcada no programa ALICIA-Activando la Igualdad, a actividade lévase a cabo en colaboración coa...

47 empresas lucenses benefícianse do programa Emega que impulsa o emprego feminino

Os deputados populares salientaron en Paradela que un total de 47 empresas da provincia...