HomePolíticaTomé acusa a Claudio Garrido de traizoar aos seus votantes

Tomé acusa a Claudio Garrido de traizoar aos seus votantes

Camiña Sarria e o PP asinaron esta fin de semana un acordo para impulsar 15 actuacións que consideran "estratéxicas" para o municipio. No acto, Claudio Garrido sostivo que o documento asinado este sábado "demostra que a política pode ser algo máis que polarización e confrontación". Pola contra José Tomé califícao "da maior bazofia política da historia de Sarria".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, defendía o pacto cos populares, “Pode ser un mecanismo útil e beneficioso para a cidadanía cando se prioriza o diálogo e o entendemento e búscanse solucións aos problemas e demandas da xente”. Adiantou tamén que co desenvolvemento dos 15 compromisos, a súa formación política dá por cumpridos os seus obxectivos fundacionais. Preguntado por Europa Press, o rexedor asegurou que non se trata dun pacto de goberno, senón dun acordo polo desenvolvemento do municipio co que a súa formación independente “dá por cumpridos os seus obxectivos electorais”.

Este luns en rolda de prensa o secretario xeral do PSdeG-PSOE na provincia e presidente da Deputación, José Tomé, cuaficaba este acordo “a maior bazofia política da historia de Sarria”. Tomé Roca afirmou que se trata dun pacto “que só busca arranxar os problemas persoais tanto do alcalde como do PP, dándolle as costas aos problemas reais do municipio”

Tomé acusou ao PP e a Claudio Garrido de actuar con engano e desprezo á cidadanía. “Escenificaron unha gran mentira ao pobo de Sarria, unha burla aos votantes. Estes teóricos 15 puntos do acordo agochan a letra pequena: son un canto ao sol, porque non son executables cando queda pouco máis dun ano de mandato”. O líder socialista felicitou aos concelleiros que rexeitaron participar no acordo. “Hai concelleiros que tiveron a dignidade política e máis da metade negouse a participar nesta farsa. Teño que felicitalos por iso”.

Tomé concluíu asegurando que “boa parte dos votos que tiña a candidatura de Garrido pertencían á esquerda e estou convencido de que a inmensa maioría volverá confiar na alternativa progresista. Hoxe se abre unha nova etapa en Sarria, que debe rematar co mercadeo e a inestabilidade para poñer o Concello ao servizo da veciñanza. O PSdeG-PSOE vai seguir traballando por Sarria, máis que nunca, para limpar o concello”.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...