HomePolíticaO BNG esixe a rehabilitación da Capela de Guadalupe no Saviñao

O BNG esixe a rehabilitación da Capela de Guadalupe no Saviñao

A deputada do BNG no Parlamento, Mercedes Queixás, e o deputado por Lugo, Iago Suárez, visitaron a Capela de Guadalupe, para interesarse de primeira man, polo seu estado de conservación, e reclamarlle ás administracións competentes que “actúen, que fagan o seu traballo e que defendan o riquísimo patrimonio arquitectónico con que contamos”.

Publicado o

- Advertisement -

A parroquia de San Vitorio de Ribas de Miño, no concello do Saviñao, conta cun elemento singular de altísimo valor “que é unha xoia e un motivo de orgullo para toda a Ribeira Sacra”. Trátase da Capela de Guadalupe, recollida como un dos bens inmóbles incluídos no expediente de catalogación da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural (BIC).

Edificada no século XVIII, a Capela de Guadalupe conta cunha singularidade arquitectónica e cunha localización privilexiada que fan dela un elemento único. Conta con vistas panorámicas sobre o río Miño e no seu interior pódense ver elementos doados por parte da veciñanza como os bancos ou o altar.

O BNG denuncia que na actualidade poden verse danos importantes nalgunhas paredes da capela así como vexetación que medra en certos puntos próximos ao tellado. Aseguran que, “a actuación que require de máis urxencia é o arranxo do propio tellado xa que, tal e como denuncian os veciños e veciñas, hai un número importante de goteiras os días de chuvia. Desde o BNG do Saviñao parécenos unha auténtica falta de respecto, que os últimos arranxos que tivo a edificación correran a cargo da veciñanza”.

O BNG esixe ao Concello do Saviñao e á Xunta, que comecen canto antes a rehabilitación da Capela de Guadalupe, “Pouco vale defender unha candidatura a Patrimonio da Humanidade se se deixan no abandono os elementos que fan da Ribeira Sacra un territorio verdadeiramente singular en Galicia e no mundo.

Iago Suárez visita capela Guadalupe / BNG

ÚLTIMAS

A xornalista e comunicadora feminista Cristina Fallarás, o sábado 17 en Chantada

A asociación 'Polamiúda' de Chantada organiza o vindeiro 17 de xaneiro unha interesante charla...

Quiroga viaxa a Santiago o 18 de xaneiro para ver “Memorias dun neno labrego”

A obra que se representará é “Memorias dun neno labrego”, baixo a dirección e...

13.600€ na rehabilitación da Fonte de Piñeiro en Bóveda

O Goberno local solicitou unha axuda para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinada...

Unha vintena de titulacións universitarias de Galicia serán distinguidas este ao co selo de excelencia

A Xunta informou de que este ano unha vintena de titulacións universitarias de Galicia...