HomesociedadeUnha guía para non perderse Monforte

Unha guía para non perderse Monforte

O Concello de Monforte de Lemos conta, por primeira vez, cunha guía turística da que se editaron 10.000 exemplares entre castelán, inglés e galego.

Publicado o

- Advertisement -

Monforte ten a súa primeira guía turística coa información máis relevante do municipio. Con anterioridade, o concello tiña outra información de man, a base de folletos e dípticos, pero nunca unha guía propiamente dita. A guía, que se estreará en FITUR, fai un percorrido pola historia, a arquitectura, a arquitectura relixiosa, as rúas e barrios máis emblemáticos da cidade e os espazos de lecer. Miradoiros, museos, pazos e palacios, as festas máis destacadas, as rutas de sendeirismo do concello e outra información de interese para o visitante completan as páxinas desta guía turística, que incorpora un plano cos principais recursos da cidade e os horarios de visita.

A guía, presentada esta mañá polo Alcalde, José Tomé, e a Tenente Alcalde, Gloria Prada, editouse en castelán (5.000 exemplares), galego (2.500 exemplares) e inglés (2.500 exemplares). Ademais da guía, editáronse 10.000 exemplares dun tríptico a modo de resumo da guía, tamén en tres idiomas. O tríptico fai unha introdución á historia, paisaxe, gastronomía, patrimonio, tradición e festividades de Monforte. Referéncianse o Museo de Santa Clara, o Museo de Arte Sacra e o Colexio Nosa Señora da Antiga, e nun plano recóllense os principais recursos.

Tríptico Turístico / Concello de Monforte

A realización do novo material, realizado pola empresa local Amanita Studio, contou cun orzamento próximo aos 20.000 euros.

As persoas interesadas en ter estes documentos informativo-promocionais poderán adquirilos na Oficina municipal de Turismo, nas librarías e nos locais de hostalaría de Monforte que queiran distribuíla. A guía ten un custe dun euro e o tríptico é de balde.

“O turismo na nosa comarca está experimentando un crecemento moi importante. Monforte, como capital da Ribeira Sacra, precisaba ter un documento gráfico e informativo para difundir a nosa riqueza cultural e paisaxística”, indicou o rexedor.

Tríptico Turístico / Concello de Monforte

José Tomé lamentou que “aínda que parece mentira,  Monforte carecía dunha guía turística. Cando chegamos ó Goberno, atopámonos con que non había ningún material para promocionar o noso Concello, e por este motivo, decidimos elaborar uns documentos que permitan difundir as nosas riquezas paisaxísticas, culturais e monumentais”. Tomé avanzou a vontade do concello de elaborar un vídeo promocional que conteña os diferentes eventos que acolle a cidade do Cabe ao longo do ano. Por outra parte, “este traballo tamén recollerá a nosa gastronomía, a nosa cultura, a nosa paisaxe e os nosos monumentos”.

FITUR

O novo material promocional do concello estará presente en FITUR, a Feira Internacional de Turismo, que se celebra esta semana en Madrid. Poderase atopar no stand de Galicia e no da Rede de Xudarías de España.

O Alcalde, José Tomé, sinalou que “deste xeito, Monforte estará en mans de turoperadores nacionais e internacionais durante esta semana; o que vai permitir que a nosa cidade chegue a novos lugares”.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...