HomesociedadeMonforte conmemora o 'Día da dislexia' iluminando de azul turquesa a Torre...

Monforte conmemora o ‘Día da dislexia’ iluminando de azul turquesa a Torre da Homenaxe

Trátase dun xesto simbólico e solidario do Concello de Monforte coas persoas diagnosticadas con este trastorno da aprendizaxe da lectoescritura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Disfam e o Observatorio Internacional de Dislexia e outras Dificultades de Aprendizaxe (OIDEA), impulsan a campaña internacional “Unidos pola Dislexia”, que pretende lograr unha maior concienciación e visibilidade das persoas con este trastorno. Para iso animan ás institucións a iluminar de cor azul turquesa edificios e/ou monumentos como acción simbólica de solidariedade. No caso de Monforte, será a Torre da Homenaxe, no conxunto monumental de San Vicente, a que faga visible o apoio a este colectivo.

“O Concello de Monforte súmase a esta iniciativa e quere facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de azul turquesa a Torre da Homenaxe, para sensibilizar sobre este trastorno que afecta a un 10% da poboación mundial”, apunta o Alcalde, José Tomé Roca.

A DISLEXIA

A Organización Mundial da Saúde (OMS) define a dislexia como un trastorno do neurodesenvolvemento caracterizado por unha dificultade específica na aprendizaxe da lectura e da escritura, que ten unha orixe neurobiolóxica. Maniféstase como dificultade para decodificar palabras, conectar sons e letras, e para a comprensión lectora, afectando a persoas de distintas idades e ao rendemento académico.

As persoas con dislexia manifestan de forma característica dificultades para recitar o alfabeto, denominar letras, realizar rimas simples e para analizar ou clasificar os sons. Ademais, a lectura caracterizase polas omisións, substitucións, distorsións, inversións ou adicións, lentitude, vacilacións, problemas de seguimento visual e déficit na comprensión.

O principal problema que ten a dislexia é que non é compatible co noso sistema educativo, pois, dentro deste, tódalas aprendizaxes realízanse a través do código escrito, polo cal, estes escolares non poden asimilar certos contidos de materias como Coñecemento do Medio, porque non son capaces de chegar ao seu significado a través da lectura. O alumnado disléxico ten que poñer tanto esforzo nas tarefas de lectoescritura que tende a fatigarse, perder a concentración, distraerse e rexeitar este tipo de tarefas.

a dislexia non é unha enfermidade

A dislexia non é unha enfermidade, é unha condición do ser humano como calquera outra. Aínda que as causas exactas da dislexia non están completamente claras, a neurociencia mostra que a dislexia ten unha orixe neurobiolóxica. Afecta ás zonas do cerebro que procesan a linguaxe e a comprensión de información. As imaxes cerebrais mostran que, cando a xente con dislexia le, usa partes do cerebro distintas ás que usan as persoas sen dislexia.

Calcúlase que só o 33% dos nenos e nenas con dislexia reciben a atención profesional necesaria, e estímase que as dificultades de aprendizaxe causan o 65% do fracaso escolar.

A avaliación e intervención temperá produce os mellores resultados. A maior parte das persoas con dislexia pode ter éxito na escola coa axuda dun programa de ensino especializado, así como cos axustes e adaptacións metodolóxicas ou de acceso correspondentes. O apoio emocional tamén xoga un papel esencial na construción da autoestima fronte ás dificultades que presenta este trastorno. En ocasións, a dislexia permanece sen ser identificada ata a etapa adulta, así que nunca é tarde para buscar axuda e desenvolver estratexias compensatorias.

O apoio emocional tamén xoga un papel esencial na construción da autoestima fronte ás dificultades que presenta este trastorno

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...