HomeMovementos sociaisProvivienda activa unha campaña solidaria de recollida de roupa de inverno

Provivienda activa unha campaña solidaria de recollida de roupa de inverno

O obxectivo é recoller roupa de segunda man en desuso pero en bo estado para doala a xente con poucos recursos.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A entidade Provivienda fai pública a posta en marcha dunha campaña solidaria de recollida de roupa de inverno para todas as idades do 13 de outubro ao 3 de novembro. Este chamamento vai dirixido principalmente á cidadanía de Monforte e da contorna para que participe nesta iniciativa doando roupa en bo estado para outras persoas.

As persoas interesadas poden contactar cos teléfonos 671 941 076 ou 678 867 563 para facer a súa achega ou solicitar máis información.

En palabras dos promotores desta iniciativa, “o obxectivo da iniciativa é dar unha segunda vida a aquelas pezas de roupa que temos no fondo do armario, e que aínda terían un bo uso, para doalas a aquelas persoas que non teñen recursos para poder proveerse de roupa adecuada para as temperaturas e condicións climatolóxicas dos invernos de Monforte”.

Ademais, con esta acción comunitaria non só promoven a doazón solidaria de prendas de inverno para quen máis as necesite agora coa chegada do frío, senon que tamén buscan a concienciación dun consumo responsable de roupa.

A roupa recollida a partir da vindeira semana será clasificada e exporase na segunda semana de novembro nas súas instalacións da Rúa Ourense, 83 para que as persoas que a necesiten poidan dispor dela.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...