HomeMovementos sociaisPor que é necesario o feminismo hoxe?

Por que é necesario o feminismo hoxe?

A deputada nacionalista, Olalla Rodil, participará nunha charla-coloquio baixo o título "Feminismo hoxe" na Casa da Cultura de Quiroga o vindeiro sábado 26 de xaneiro ás 19.00 h.

Publicado o

- Advertisement -

Por que é necesario o feminismo hoxe? Esta será a pregunta de saída a partir da cal Olalla Rodil fale de feminismo e dos principios sobre os que se asenta o pensamento feminista.

O acto, organizado polo Bloque Nacionalista de Quiroga, estará presentado pola concelleira Amparo Montenegro que dará paso á deputada no Parlamento Galego para que analice o panorama sociolóxico actual no que, aínda que se avanzara en concienciación e lexislación, a discriminación e o sometemento das mulleres segue sendo unha triste realidade.

Segundo entende Rodil, o feminismo non trata de varrer para un lado, o feminismo busca rematar coa desigualdade estrutural na que vivimos e que non é máis que un reflexo dunha sociedade que vulnera e nega a diario os dereitos fundamentais das mulleres.

Para demostrar a desigualdade poñerá enriba da mesa datos que a corroboran como a discriminación salarial e a precariedade laboral. Segundo Gestha (sindicato de técnicos de Facenda), a fenda salarial en Galicia é do 28,7% o que supón que as mulleres polo mesmo traballo cobran 5.000 euros menos que os homes. Nestas condicións, se quixesen equiparar os seus salarios aos deles deberían traballar 71 días máis. O 75% dos contratos temporais son asinados por mulleres e tamén en máis do 90% dos casos as reducións de xornada por razón de conciliación -para coidar das fillas/os ou persoas dependentes- son solicitadas por mulleres.

Olalla Rodil abordará, pois, o feminismo dende unha visión especializada e dun xeito moi ameno e fluído, aportando incluso exemplos de situacións que denigran e discriminan á muller que ás veces non sabemos recoñecer no día a día.

Tras a charla abrirase un espazo para que os asistentes pregunten, comenten e expresen as súas opinións e/ou experiencias.

olalla rodil

Olalla Rodil é licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, Mestrado en Estudos Internacionais pola USC e xornalista. Con competencia contrastada como política, dende o seu escano no Parlamento de Galicia, tamén destaca como gran comunicadora e conferenciante especializada en temas de feminismo.

 

ÚLTIMAS

A Escudería Chantada informa da suspensión da 52 edición da Subida

Aseguran desde a Escudería que non se dan as condicións óptimas para reunir o...

Un novo cineclub en Monforte reforzará a oferta audiovisual e cultural da cidade

As proxeccións terán lugar todos os venres ás 20.00h no Ateneo Casino de Monforte...

Taller de Subvencións para Emprender e para Empresas Galegas, o 28 de xaneiro online

Durante o taller daranse a coñecer a subvencións para promover e apoiar ás persoas...

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...