HomePolítica47 empresas lucenses benefícianse do programa Emega que impulsa o emprego feminino

47 empresas lucenses benefícianse do programa Emega que impulsa o emprego feminino

Os deputados do Grupo Popular, Raquel Arias e José Manuel Mato, visitaron esta semana Talleres Ángel en Paradela, unha das empresas beneficiadas das axudas Emega, para impulsar as iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable, así como favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das mulleres galegas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados populares salientaron en Paradela que un total de 47 empresas da provincia de Lugo (das que 9 están localizadas na comarca de Lemos) se repartiron case 615.000 euros en axudas da Xunta de Galicia con cargo ao programa Emega.

“O éxito deste programa da Xunta pode comprobarse nos máis de 2.000 proxectos empresariais e a consolidación de máis de 4.000 empregos femininos que se beneficiaron nos últimos dez anos”, sinalou a deputada popular, quen destacou a súa “contribución para que todas as emprendedoras galegas poidan ocupar o lugar que lles corresponde no mercado laboral”.

Pola súa banda, José Manuel Mato apuntou que este programa “presta un especial apoio ás mulleres que emprenden no rural, ás maiores de 55 anos e a aquelas que desenvolven a súa actividade en sectores tradicionalmente masculinizados, así como naqueles ámbitos con especiais dificultades para a inserción laboral feminina”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...