HomesociedadeAprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello da Xunta vén de aprobar definitivamente o proxecto de trazado para culminar a transformación do corredor Nadela-Sarria nunha vía de alta capacidade, que supón a última fase da autovía que unirá Lugo e Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no tramo Nadela-A Pobra de San Xiao, ao seu paso polos concellos de Lugo, O Corgo e O Páramo, que suporá un investimento de 37,4 millóns de euros. Trátase da conversión en autovía do último tramo do corredor Nadela-Sarria (CG-2.2) para completar o desdobre.

A Xunta lembrou que a primeira fase dos traballos de desdobre do corredor en autovía –un total de 9,7 quilómetros entre A Pobra de San Xiao e Sarria– abriuse ao tráfico en novembro do ano 2022, tras investir 25 millóns.

Neste caso, o tramo terá unha lonxitude de 13,5 quilómetros e iniciarase na glorieta de Nadela e finaliza na ligazón da Pobra de San Xiao, xa en servizo posibilitando concluír a autovía que conectará a capital lucense con Sarria.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca que esta medida se enmarca no “intenso traballo e esforzo en materia de construción e mellora das estradas que realiza o Executivo autonómico e que permitiu rescatar en 2024 catro autovías autonómicas coas que a Xunta aforra 30 millóns ao ano en peaxes en sombra que se están dedicado a novas infraestruturas”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...