HomeEconomíaSEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

O empresario Ramón Fernández Quintela faise cunha superficie de máis de 8.000 metros cadrados no polígono de Chantada. SEA asina, ademais outra operación na que cede chan gratuitamente ao Concello para a execución dun vial que conecta as dúas fases do polígono.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas operacións no parque empresarial que xestiona a entidade dependente do Ministerio de Vivenda. Por unha banda, faise efectiva a compra da última parcela do polígono por parte do empresario Ramón Fernández Quintela; por outra, SEA cede chan de forma gratuíta ao Concello de Chantada para que este execute un vial que unirá as dúas fases do parque empresarial.

Ramón Fernández Quintela adquire a última parcela do polígono, cunha superficie de 8.022 metros cadrados. Esta operación «é unha nova mostra da excelente marcha impulsada pola empresa pública en colaboración co Concello e cos empresarios», explicou Beatriz Sestayo.

Esgotados os máis de 80.000 metros cadrados de chan industrial do polígono, que conta cunha superficie total próxima aos 112.000, SEA e Concello xa abordaron a necesidade dunha ampliación, que podería desenvolverse nunha superficie lindeira co actual parque
empresarial.

Por outra banda, Beatriz Sestayo asinou tamén co alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, a cesión gratuíta de chan ao Concello co fin de que sexa utilizado para crear unha vial- obra que corre a cargo da entidade municipal– que unirá as dúas fases do polígono existentes.

ÚLTIMAS

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...