Homesociedade'Xornadas Lactouras': achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Están organizadas pola Asociación Micolóxica Lactouros e desenvolveranse os días 23, 24 e 25 de outubro en diferentes espazos de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Conta atrás para as ‘Xornadas Lactouras’, un ciclo de actividades arredor da micoloxía que fai posible dende hai moitos anos a Asociación Micolóxica Lactouros da cidade do Cabe. Na edición deste ano, que alcanza a cuadraxésima edición, o programa deseñado pola organización para “achegar o mundo dos cogomelos desde diferentes perspectivas á xente” do 23 ao 25 de outubro combinará gastronomía, divulgación científica e actividade no monte.

ACTIVIDADES PROGRAMADAS

O xoves 23 de outubro ás 20:00 h. haberá unha exhibición gastronómica con degustación na Gastrotasca (Rúa Rosalía de Castro, 24) da man do cociñeiro Marcos López. A actividade conta cun aforo máximo de 25 persoas e require inscrición previa (tel. 671 47 39 82). O prezo será de 5 € para socios/as e de 10 € para non socios/as. Se os asistentes queren a maiores a opción de maridaxe será outros 5 €.

O venres 24 de outubro, ás 20:00 h. o espazo protagonista das actividades será o Centro do Viño da Ribeira Sacra. Alí terá lugar unha charla a cargo de María Cabaleiro, doutora en Bioloxía e especialista en etnomicoloxía (Universidade de Vigo – Mycogalicía Plantae). A ponencia leva por título: “Fungos medicinais: tradición e saberes populares en Galicia”. Esta actividade será de balde e sen necesidade de inscrición.

Charla sobre micoloxía nas Xornadas Lactouras 2024. Foto: Asoc. Micolóxica Lactouros.

Como remate, o sábado 25 de outubro ás 10:00 h terá lugar a tradicional saída ao monte dende As Casitas da Compañía e contará cun percorrido guiado para a identificación de especies. Despois, ás 14:30 h. celebrarase o Xantar Lactouro na Abadía San Simón de Monforte de Lemos, onde o Campo de Golf. Actividade con inscrición previa sendo o prezo de 25 € para socios/as e de 35 € para non socios/as.

A Asociación Micolóxica Lactouros convida a toda a veciñanza a participar “nunhas xornadas pensadas para gozar dos cogomelos desde o padal, o coñecemento científico e a convivencia no monte”.

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...